A Ulla literaria


Inicio        Autores e autoras        As obras        Bibliotecas virtuais        Contactar

Manuel García Barros

Naceu en Ulla, Berres (A Estrada) en 1876, e morreu en Pousada (San Martiño de Callobre, A Estrada) en 1972. Cursou por libre a carreira de Maxisterio e exerceu ata 1936, ano no que lle foi retirado o seu posto por motivos políticos. A súa loita contra o caciquismo levouno ó cárcere antes e despois da Guerra Civil, e participou activamente na campaña a favor do Estatuto do 36, ano no que estivo a piques de ser fusilado polos falanxistas. Dérase a coñecer como escritor e xornalista co pseudónimo de Ken Keirades, asinando unha columna titulada "Rexoubas", e colaborou con xornais como "El Estradense" (do que foi un dos fundadores e director) e "El Emigrado". Desde 1957 foi membro correspondente da Real Academia Galega. Tivo moito éxito o traballo "Falemos na nosa fala" (1929), onde intenta elimina-los prexuízos contra a nosa lingua, que usou en practicamente toda a súa obra. Como excepción, escribiu en castelán un alegato contra a guerra, o fanatismo relixioso e a opresión, titulado "Divagaciones sobre lo discutible y lo indiscutible". Fixo poemas como "O cantar do saramago" e "Oración da media noite" e a obra dramática "Carta da Habana". En 1931 dá ó prelo "Contiños da terra" e en 1972 publícanse postumamente "Aventuras de Alberte Quiñoi" (Premio do Centro Galego de Bos Aires).

 

Obra


Aventuras de Alberte Quiñoi

Vigo : Edic. Castrelos, 1972
 

As Aventuras de Alberte Quiñoi : novela galega humorística e de costumes, desfie de vida campesiña / edición, introducción e notas de Carlos Loureiro Rodríguez, Xesús Oreiro Pensado

A Coruña : Vía Láctea, D.L. 1990
 

Carta da Habana introducción, estudio da obra e edición, Carlos Loureiro

[A Estrada] : Edicións Fervenza, 2002
 

O Ciridonio / adaptación teatral David Otero

[A Estrada] : Edicións Fervenza, 2004

 

Contiñós da terra / ilustrazóns de Castelao, Colmeiro, Galán, Rodeiro e Virxilio

A Cruña : Nos, 1931 

Contiños da terra / edición de Carlos Loureiro
 

Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1999

Contiños da terra

[A Coruña] : La Voz de Galicia, D.L. 2002

Dos meus recordos

Vigo : Editorial Galaxia, [2001]

Enredos

Vigo : Editorial Galaxia, [2000]


Bibliografía sobre o autor


Xosé Ramón Freixeiro Mato (ed.)

Cos pés na terra : personalidade e obra inédita ou esquecida de Manuel García Barros

 

A Estrada : Edicións Fouce, 1999
 

Manuel F. Rodríguez

Manuel García Barros

 

[Santiago de Compostela] : Dirección Xeral de Cultura, D.L. 1996

Garrido Couceiro, Xoán Carlos

Manuel García Barros

 

A Estrada : Edicións Fervenza, 2002

Garrido Couceiro, Xoán Carlos

Manuel García Barros : loitando sempre

 

Lugo : Edicións Fouce, D.L. 1995


Obra en bibliotecas virtuais


Na Biblioteca Virtual Galega

 

 

© Terrasgalegas.com 2006. Tódolos dereitos reservados

 

Hosted by www.Geocities.ws

1