A Ulla literaria


Inicio        Autores e autoras        As obras        Bibliotecas virtuais        Contactar

Mario Blanco Fuentes

Naceu en Cuntis en 1917 e morreu na Estrada no 2000. Mestre nacional e avogado comendador da Orde de Alfonso X o Sabio. Foi alcalde da Estrada entre 1959 e 1971, posto desde o que fixo unha notabilísima promoción da cultura: construción de escolas unitarias no medio rural (foron construídas as de 44 parroquias sobre un total de 51); construción e posta en funcionamento do Instituto de Bacharelato (1967). Baixo o seu mandato dedicóuselle o Día das Letras Galegas a Marcial Valladares, e o acto oficial, o 17 de maio de 1970, contou cunha marcada simboloxía galeguista (bandeira galega, entoación do Himno, discursos en galego).

Obra


Roberto Blanco Torres, o home na memoria da familia

Roberto Blanco Torres : vida e obra : actas das Xornadas de Cuntis / [Xosé Ramón Barreiro Fernández...(et al.)].-- Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1999.-- P. 23-28.
 

Unha Parte da historia da Biblioteca Pública Municipal de A Estrada

A Estrada.-- N. 1 (1998) ; p. 123-149.
 

A "Translatio" dos restos do poeta Xosé Manuel Cabada Vázquez ó cemiterio de Codeseda-A Estrada

A Estrada.-- N. 4 (2001) ; p. 109-139.
 


Bibliografía sobre o autor


Blanco Valdés, Juan L.

Mario Blanco Fuentes : (1997-2000), unha fotografía

 

A Estrada.-- N. 4 (2001) ; p. 23-51.
 

Andrés Fernández, Xoán

Memoria gráfica do "Cuerpo de ejercito de Galicia" na Guerra Civil española / [.entrevistas efectuadas por Xoán Andrés Fernández a Mario Blanco Fuentes]

 

A Estrada.-- N. 2 (1999) ; p. 179-207.


Obra en bibliotecas virtuais


Non coñecemos ningunha obra ou artigo do autor en bibliotecas dixitais.

 

 

© Terrasgalegas.com 2006. Tódolos dereitos reservados

 

Hosted by www.Geocities.ws

1