A Ulla literaria


Inicio        Autores e autoras        As obras        Bibliotecas virtuais        Contactar

Manuel Bergueiro López

Naceu na Consolación, Tabeirós (A Estrada) en 1898 e morreu en 1985. Foi mestre en varios lugares de Galicia e Asturias, e pola súa colaboración en publicacións xornalísticas, ingresou en 1958 na Real Academia Galega. En 1927 publicou "A pecadenta silenzosa" na Colección Lar e en 1930 "Ollo cos estudantes", versión teatral dun dos episodios daquela novela, que continuará con outras pezas en castelán como "Trampa adelante" e "Engaño sobre engaño". Outros traballos seus son "Non sei qué me dá o corpo" e "Rosiña de Tabeirós". Asinou algúns traballos co pseudónimo de Manuel de Vicenta e outros como Rogueiber.

Obra


Ollo cos estudantes : xuguete cómico

Santiago : [s.n.], 1930 (Imprenta, Lib. y Enc. del Seminario C. Central) 

A Pecadenta silenzosa : novela orixinal e inédita

A Cruña : [s.n.], 1927 (Imprenta Lar)
 


Bibliografía sobre o autor


Arca Caldas, Olimpio

Manuel Bergueiro López, mestre, escritor, académico correspondente da Real Academia Galega

 

A Estrada : Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela, [1998]
 


Obra en bibliotecas virtuais


Non coñecemos ningunha obra ou artigo do autor en bibliotecas dixitais.

 

© Terrasgalegas.com 2006. Tódolos dereitos reservados

 

Hosted by www.Geocities.ws

1