A comarca da terra de Meira

Berce onde nacen os ríos Miño e Eo

Perde a metade da poboación de 1900 a 1991

A forza dos servicios na vila de Meira

Onde nace o Miño

Futuro da Comarca da Terra de Meira

 

A Comarca daTerra de Meira

RAZONS históricas e factores socioeconómicos determinaron a existencia desta comarca do nordés lucense, que está configurada por un concello de mediana superficie: Pol (con 126 km), e outros tres bastante máis reducidos (Ribeira de Piquín, Riotorto e Meira). A Terra de Meira é unha comarca intramontañosa, que se estende a través de 312 km entre a Mariña lucense e as comarcas da Fonsagrada, Lugo e Terra Chá. Está emprazada, polo tanto, nunha zona de transi­ción entre a costa e o inte­rior, e entre a meseta e a montaña. Por ese motivo, comparte características propias de tan diferentes hábitats e, en xeral, mostra un ascenso altitudinal de Oeste a Leste e un recruamento do clima no mesmo sentido e cara ó Sur, máis afastado da influencia marítima.

O relevo, en liñas xerais, marca unha dirección N‑S, dende a Serra do Pousadoiro, pasando pola Serra de Meira e chegando ás estribacións das Serras de Monciro, Mirador e Candá, con altitudes próximas ós 900 metros. Polo seu emprazamento no rebordo da  Terra Chá, estas aliñacións montañosas marcan o inicio das Serras Orientais de Galicia.

No occidente da comarca os cursos fluviais achegan as súas augas a conca do Miño. Isto sucede na parroquia de Aldurfe (Riotorto), co arroio Real; en Meira, cos arroios da cabeceira do Miño, e na maior parte de Pol (ríos Azúmara, Pol e Lea). Pola contra, o sector oriental da comarca está drenado polos afluentes do Eo (Riotorto, Survial, Pousadoiro e La) e polo propio Eo que, procedente de Baleira, atravesa Ribeira de Piquín.

A Serra de Meira é a divisoria de augas máis nítida de toda a comarca, e precisamente alí, no Pedregal de Irimia, onde ten o seu nacemento o Miño, o máis longo dos ríos galegos, contradicindo así o vello tópico das clases de xeografia que situaban as súas fontes nunha lagoa da Pastoriza, na chamada Fonmiñá. O caudal doMiño engráxase, xa na súa cabeceira, coa fusión dos regatos do Porto da Pena e do Xirmeno.

Os materiais predominantes son as pizarras e as cuarcitas, alternancia que dá lugar a unha erosión diferencial, cun modelado no que os duros cristóns cuarcíticos quedan en resalte. Tamén fan presencia as formacións calcarias e son de gran interese xeomorfolóxico os relevos periglaciares, formados pola acción do xeo intersticial, que orixinou cóvados de bloques erráticos, como aconteceu no Pedregal de Irimia.

Dende o punto de vista demográfico, a Terra de Meira está escasamente Poboada e a renovación padronal de 1995 só reflecte unha poboación de 7.449 habitantes de dereito. A emigración foi dende sempre unha sangría para este espacio xeográfico, que viu nela unha sada, unhas veces temporal e outras definitiva, para solventa‑los desequilibrios entre poboación e recursos. O principal eixo de comunicacións na N‑640, que pon en contacto Asturias con Lugo, e atravesa, o seu paso pola comarca, os concellos de Riotorto, Meira e Pol. Ribeira de Piquin ten acceso alí por medio dunha estrada de menor entidade. A mellora das comunicacións e o cambio das relacións económicas van reforzando a atracción da capital que, na actualidade, está a se‑lo principal centro funcional de referencia para esta comarca.

 

Berce onde nacen os ríos Miño e Eo

A Comarca de Meira é o berce dos ríos Miño e Eo. O pai Miño nace nas estribacións da Serra de Meira, no lugar coñecído, polo Pedregal Irímia. O Eo serve de límite natural entre Meira con Ribeira de Piquín e A Fonsagrada no extremo orienta] do municipio e ó longo de máis de dous quilómetros. En termos xerais, as condicións climatalóxicas e a orografía, así como as características dos solos e a abundancia de auga axudan á existencia de gando, preferentemente vacún e con vocación claramente leiteira.

 

Proceso de cambio

Se ben a comarca segue a ter unha vocación productiva primordialmente agraria, no caso dos municipios de Meira e Riotorto advirtese un proceso de cambio cara ó comercio e á industria. E, dentro do sector primario, hai un evidente cambio de mentalidade en favor da modernización e da especialízación gandeira, unida a unha racionalización na xestión das explotacións. No gando vacún, predomina a raza frisona, á que a seguen a rubia galega e a pardo alpina. Aumentou a cabana de ovino e retrocedeu a de porcino. Nas serras críanse cabalos bravos.

As especies frondosas representan a vexetación clímax da zona, se ben o eucalipto é practicamente inexistente debido ás grandes dificultades que atopa para saír adiante porque non pode resistilos invernos rigorosos da comarca. As principais especies autóctonas ‑carballo, bidueiro e castiñeiro‑ están en regresión como consecuencia da maior productividade das coníferas ‑piñeiro silvestre, piñeiro insigne e piñeiro marítirno‑, que son agora as especies forestais dominantes. Todas estas materias primas provocaron a instalación de varias centrais leiteiras, serradoiros, carpinterías, explotación de canteiras e fábricas de louseiras, a concentración de ferreiros no lugar de Ferreiravella, que desenvolven unha actividade artesanal, hai anos especializada na elaboración de fóuces.

 

Numerosos castros

No aspecto histórico é de destaca‑la existencia de numerosas medorras en toda a comarca. No municipio de Pol hai que subliña‑la existencia de moitos castros, entre os que cabe menciona‑los de Carazo e o de Suegos, construído nas proximidades do regueiro de San Bade; o de Rois‑Cirio, de forma ovalada, rodeado pola banda do nacente dunha raganta na que chegaron a confluír ata hai uns anos as augas que baixaban do regato da Foz; o Castro e o Castro Maior situados nos cumios de dúas colinas, non moi lonxe do monte da Escrita, co seu foxo polo lado do nordés; o de Andión, ó que Amor Meilán describe como un dos máis característicos no seu xénero e onde seguramente estiveron un longo tempo as lexións romanas. Polo municipio de Pol pasaba unha vía romana que, procedente da Astúrica, se vifurcaba en Valonga cara Ribadeo e Viveiro, da que aínda existe unha ara votiva de tres fóculos, dedicada ós deuses viais e que está depositada no museo provincial de Lugo.

 

Mosteiro cistercense

Ó entrar na historia da comarca hai que referirse necesariamente ó Mosteiro de Santa María de Meira, cenobio cisterciense, sobre a data de fundación do cal non se poñen de acordo os historiadores. Frei Antonio Yepes dáo como existente baixo o instituto benedictino no ano 997, sen embargo a maioría dos autores cistercienses sitúan a súa creación en 1143, sen mencionar para nada a Orde Benedictina, e algúris tratadistas actuais entre 1151 e 1154.

Os autores alegan catro razóns para dar a data do 1 de xuño de 1143 como da fundación de Meira. As táboas do Císter, documento no que consta a data da fundación da casa; a cronoloxía das abadías saídas do Claraval, que tamén sinala a data do 1 de xuño de 1143 para a fundación de Meira; unha lápida que houbo no claustro baixo onde rezaba a data sinalada e unha tradición de séculos, tanto de historiadores da casa como de fóra, que coinciden tamén na mesma data de 1143, a pesar de que non hai ningún documento que fale dos monxes de Meira e do seu abade ata 1154.

A fundación de Meira atribúeselles a Álvaro Rodríguez e á súa dona Sancha Femández, condes de Sarria, pero será Alfonso VII, a pesar de non se‑lo seu fundador, o que principie o enriquecemento económico da casa, curiha serie de doazóns ó mosteiro e mais ó seu abade ás que se foron sumando as realizadas por numerosos fieis. A medida que se ían estendendo os lugares, ían xurdindo centros agrícolas promovidos polos morixes, que trouxeron para España un sistema de colonización vantaxoso para eles e para os labregos que traballaban ás súas ordes. Moitas veces as doazóns facíanse a cambio de ser recibidos como morixes. É o caso de Rodrigo Suárez, quen antes de ingresar como monxe, fora casado, e ó facer testamento conseguiu que a herdanza propia de Piñeiro se lle entregase ó mosteiro, o que provocou desavinzas entres os seus fillos e mailos morixes.

No aspecto artístico do Mosteiro de Santa María destaca o retablo que preside a capela maior, realizado a comezos do século XIX. Representa o Misterio da Ascensión de Nosa Señora, ó que está consagrado a Orde cisterciense.

 

Perde a metade da poboación de 1900 a 1991

Desde o inicio do século ata hoxe, a Comarca de Meira reduciu a súa poboación practicamente á metade, pese a que no ano 1900 aínda non fora creado o municipio de Ribeira Piquín. ó contrario do que sucede na maioría dos municipios galegos, ó analiza‑lo seu comportamento demográfico, resulta que nesta zona non se dan dous ciclos ‑un expansivo e outro reductivo‑, senón que a perda de poboación é continuada decenio tras decenio.

En 1900, a Comarca de Meira ‑composta naquelas datas polos municipios de Meira Pol e Riotorto‑ tiña 14.444 habitantes, nas tres décadas seguintes perde poboación e o censo de 1930 rexistra 12.739 habitantes. Gracias á incorporación do recén creado municipio de Ribeira de Piquín, que achega 2.021 habitantes, a zona recupérase algo en 1940, e volve situarse lixeiramente por riba das 13.000 persoas. Pero dez anos máis tarde, rexistra un novo descenso e sitúase nos 12.623 habitantes. A caída de poboación seguirá nos anos seguintes ata que en 1991, anota só 7.529 persoas.

Por municipios

Por municipios, Meira tiña a principios de século 4.475 habitantes e mantense por riba das 4.000 persoas, se ben baixando de número, ata 1930, década en que a súa poboación se reduce ca­se á metade ‑2.164 habitan­tes en 1940‑. En 1991, re­xistra 1.833 persoas, En 1900, Pol tiña 5.274 habi­tantes e en 1940, 4.812. Desde esta última data de referencia ata 199 1, o muni­cipio perde a metade da po­boación e queda en 2.413. Cando Ribeira de Piquín na­ce como municipio rexistra 2.128 habitantes, a perda maior de poboación sófrea nos anos setenta ‑en 1970 tiña 1.859 persoas e en 1981, 1.296‑, en 1991 anota 1.054 persoas. Riotorto ten tres etapas distintas: de 1900 a 1930, a poboación cae desde os 4.695 habitanteas ata os 3.875; entre 1930 e 1950, recupérase e chega ás 4.026 persoas; a partir dos anos 50 volve perder poboación ata situarse nos 2.211 habitantes de hoxe.

Estructura por sexos

En canto á estructura por sexos da poboación, de 1986 a 1991 a comarca perde habitantes masculinos e femininos: os homes pasan de ser 4.217 a 3.799 e as mulleres de 4.284 a 3.872. É dicir, a taxa de masculinidade sofre un leve descenso, e cae de 98,4 a 98,1. Por municipios, Ribeira de Piquín segue a ter máis homes que mulleres e anota unha taxa de masculinidade do 100,4 en 1991. No municipio de Meira, a taxa de masculinidade pasa do 95,8 ó 97,7; en Pol baixa do 98,7 ó 97,4 e en Riotorto segue unha tendencia semellante, do 99,4 ó 98,2 para as mesmas datas de referencia.

De 1981 a 199 1, a taxa de natalidade da Comarca de Meira baixou do 8,6 ó 7,1, mentres pola contra a taxa de mortalidade creceu do 12,8 ó 13,7. A consecuencia deste comportamento inverso da natalidade e da mortalidade foi o aumento do decrecernento vexetativo da poboación, que neses dez anos de referencia pason do ‑4,2 ó ‑6,6. Para ter unha idea do que iso supón en termos de despoboamento do territorio, sirva o dato de que a media do crecemento vexetativo en Galicia é do ‑0,9, case seis veces menor.

Por municipios, Meira é o que mellor mantén o tipo cun crecemento vexetativo do ‑ 1,9, gracias a que acada a taxa de natalidade máis alta (8,8) e a taxa de mortalidade máis baixa (10,6) da comarca. Xusto no outro extremo atópase Ríbeira de Piquín, cun crecemento vexetativo do ‑11,1: consecuencia dunha taxa de natalidade do 6,6 e dunha taxa de rnortalidade do 17,7. Pol presenta un crecemento vexetativo negativo do ‑6,4 e Riotorto do ~6,6. En 199 1, a comarca tiña 1.440 mulleres comprendidas entre os 15 e 49 anos e nese ano rexistráronse 49 nacementos, o que dá unha taxa de fecundidade do 34,03 por cento, superior á media provincial (33,15) e á galega (32,66). Meira é o municipio da zona con maior taxa de fecundidade (40,6 1 ) e rexístrou 16 nacementos pese a non se‑lo primeiro en canto a mulleres comprendidas entre os 15 e os 49 anos (394). Pol rexistra en 1991 439 mulleres en idade de fecundación e 16 nacernentos, o que supón unha taxa de fe~ cundidade do 36,45. Riotorto é o segundo municipio da comarca en canto a número mulieres en idade de fecundación (417), en 1991 tivo 14 nacementos e unha taxa de fecundidade do 33,57. Ribeira de Piquín só anotou 3 nacementos en 199 1, e unha taxa de fecundidade do 15,79.

 

A forza dos servicios na vila de Meira

Pese ó irrefutable dato de que a comarca ten unha vocación pro­ductiva maioritariamente agraria, o municipio de Meira destaca polo forte proceso de terciarización da súa actividade económica nos últimos anos. No con­xunto da zona, o sector pri­mario tiña en 1981 o 73,71 por cento da poboación ocupada e dez anos máis tarde o 63,07 %, o que re­presenta unha perda de dez puntos porcentuais, pero aínda moi lonxe da media provincial (43,35 5) e da media galega (23,71 por cento). Nesas mesmas datas, o sector industrial avan­zou algo, e se en 1981 tiña case o 7 por cento da poboa­ción ocupada en 1991 anota o 9,24 %. En termos moi pa­recidos evoluciona a cons­trucción, que pasa de por debaixo do 3 por cento dos ocupados a case o 6. E, no que fai referencia ó sector servicios, a poboación ocu­pada pasa do 17 ó 22 por cento, un avance significati­vo, pero 14 puntos por de­baixo da media provincial (36 por cento) e 24 menos que a galega (45 %).

Mulleres ocupadas

En termos absolutos a comarca ten unha poboación ocupada de 3.279 persoas, das que 1.856 son homes e 1.423 son mulleres. Por sectores, a agricultura e gandería dalles traballo a un total de 2.065 persoas, das que 999 son homes e 1.066 son mulleres. Esa presencia de maior número de mulleres que de homes nas actividades agrarias afecta a tres (Meira, Pol e Riotorto) dos catro municipios da zona. Na industria, das 303 persoas ocupadas neste sector 238 son homes e o resto mulleres. Na construcción traballan 185 homes e só 6 mulleres. No caso dos servicios a poboación ocupada repártese entre 286 mulleres e 431 homes. Entre o sector agrario e terciario suman unha poboación ocupada feminina de 1.352 persoas, o que representa o 95 por cento das mulleres que traballan fóra do fogar.

A taxa de actividade por grupos de idade para o coxunto da comarca é como segue. Preto do 60 por cento das persoas comprendidas entre 16 e 24 anos están traballando; de cada 100 persoas curiha idade comprendida entre 25 e 54 anos, 84 están ocupadas nalgunha actividade productiva; e no grupo de idade entre os 55 e 64 anos, o 71 por cento está ocupado. Por riba dos 65 anos, non chega a 3 de cada 100 persoas as que seguen conservando un posto de traballo, alomenos oficialmente. En conxunto, 54 de cada 100 persoas comprendidas entre os 16 e 64 anos traballa.

Nivel de instrucción

Por nivel de instrucción, a zona ten unha poboación analfabeta do 2,78 por cento, inferior á media provincial (3,24 %) e á media galega (3,06%). Case 28 de cada 100 persoas non teñen certificado de estudios primarios. O 46 por cento dos habitantes da comarca acadaron o nivel de primeiro grao, moi superior á media provincial (28 %) e galega (34 %). Vinte de cada 100 persoas teñen estudios de segundo grao e algo por debaixo de 3 de cada 100 habitantes acadaron estudios superiores, porcentaxe que está por debaixo da media provincial (4,5 por cento) e galega (5,1 %).

 

MEIRA. A vila de Meira presenta un grao de terciarización da súa actividade económica moi superior ó resto da comarca. En 1981, o sector servicios tiña unha poboación ocupada do 34,18 por cento e dez anos máis tarde xa representaba o 38, 10 %, dous puntos por riba da media provincial (36 %), se ben aínda sete puntos por debaixo da media galega (45,0 por cento). Neses dez anos, a poboación ocupada no sector agrario caeu do 55 ó 43 por cento, unha porcentaxe semellante á media provincia]. A poboación industrial tamén medrou ó pasar do 8,23 por cento en 1981 ó 11,47 % dez anos máis tarde. E a construcción deu un salto importante, pois se en 1981 tiña só unha poboación ocupada do 2,20 por cento, en 1991 esta porcentaxe era de case o 8.

Das 706 persoas que constitúen a poboación ocupada do municipio de Meira, 442 son homes e 264 mulleres. No sector agrario traballan máis mulleres (152) que homes (150); de feito supón o 58 por cento das mulleres ocupadas. Das 81 persoas ocupadas na industria, 69 son homes e 12 mulleres. Na construcción, só unha das 54 persoas ocupadas neste sector é muller. E nos servicios, das 269 persoas que ocupa 170 son homes e 99 mulleres.

Por grupos de idade, entre os 16 e os 24 anos, 54 de cada 100 persoas ocupan un posto de traballo. Das persoas comprendidas entre os 25 e os 54 anos, 74 de cada cen están ocupadas. Para a xente comprendida entre os 55 e 64 anos, a proporción é de 70 de cada 100. E por riha dos 65 anos, só 4 de cada 100 persoas continúan trahallando. En total, desde os 16 ós 64 anos, a taxa de actividade é do 55 por cento, cinco puntos por riba da mediaprovincial.

No muncipio de Meira a poboación analfabeta non chega ó 2 por cento, un punto menos que a media comarcal. De cada cen persoas, 28 non teñen certificado de estudios primarios. Corenta de cada cen habitantes acadan o nivel de estudios de primeiro grao. Con estudios de segundo grao Meira ten 26 de cada cen habitantes. E o 4 por cento da stía poboación acada o nivel de estudios superiores, unha cifra que se aproxima á media provincial (2,8 por cento).

 

POL. O municipio de Pol segue conservando o seu carácter agrario no plano da actividade económica. Os datos son elocuentes nese sentido, en 1981 tiña unha poboación ocupada de case o 82 por cento e dez anos máis tarde esa porcentaxe era do 75 %. Esa perda de poboación ocupada no campo, vese compensada por un lixeiro crecemento na industria, do 3 ó 5 por cento; na construcción a poboación ocupada pasa do 3 ó 4 por cento e no sector servicios rexístrase o maior crecemento ó pasar do 13, 10 por cento da poboación ocupada en 1981 a case o 16 %en 199 1.

En números absolutos, a poboación ocupada en Pol é de 1.146 persoas, das que 606 son homes e 540 mulleres. No sector agrario, as mulleres superan (435) en número os homes (42l). Na industria, os ocupados divídense en 47 homes e 12 mulleres. Das 47 persoas que traballan na construcción, só 3 son mulleres. E os servicios case rexistran un ernpate técnico entre os homes (92) a es mulleres ocupadas (90). Entre o sector agrario e o sector terciario representan o 97 por cento das mulleres que iraballan fóra do fogar no municipio de Pol.

Por grupos de idade, 67 de cada cen dos comprendidos entre 16 e 24 anos traballan. Esta proporción é moi superior para os situados entre 25 e 54 anos que acada o 91 por cento. No grupo de idade comprendido entre os 55 e os 64 anos están ocupados 71 de cada cen persoas. E xa para o grupo de maiores de 65 anos, a porcentaxe de ocupados está un pouco por riba do 2 por cento. En total a taxa de actividade no municipio de Pol é do 56 por cento, unha porcentaxe seis puntos por riba da mediaprovincial.

No que afecta ó nivel de instrucción en Pol, 3 de cada cen persoas son analfabetas, unha proporción semellante á media provincial e un chischo por riba da galega. A porcentaxe de poboación sen certificado de estudios primarios é de 26 de cada 100 habitantes. 0 46 por cento acadou estudios de primeiro grao, unha porcentaxe que está moi por riba da media provincial e galega. O 16 por cento da poboación ten estudios de segundo grao. E preto do 3 por cento alcanza o nivel de estudios superiores.

RIBEIRA DE PIQUíN. Ribeira de Piquín segue sendo o municipio da Comarca de Meira con maior proporción de poboación ocupada no sector agrario, sen que na década dos oitenta producíronse cambios substanciais na stia estructura productiva . No ano 1981 o sector primario tiña unha poboación ocupada de case o 86 por cento, e en 1991 esa porcentaxe era do 78 %, de xeito que só perdeu 7 puntos porcentuais en número de ocupados. Se para ese período de tempo, o sector industrial a penas variou a súa importancia, ó pasar do 3 ó 4 por cento da poboación ocupada, a construcción reduciu a súa entidade como actividade económica no municipio, e caeu do 4,40 por cento da poboación ocupada ó 2,70 %,algo máis dun punto.

Pola súa banda, o sector terciario, que en 1981 só tiña o 7 por cento dos ocupados no muncipio de Ribeira de Piquin, experimenta un importante crecernento na década dos oitenta e rexistra unha poboación ocupada do 15 por cento en 199 1. Unha porcentaxe que está por debaixo da media comarcal e provincial e a trinta puntos da media galega.

O número total de persoas ocupadas no municipio é de 518, das que 288 son homes e 230 mulleres. Sen embargo, Ribeira de Piquín rompe a tendencia da comarca de que no sector agrario traballen maior número de mulleres que de homes, e así das 404 persoas ocupadas no campo, 209 son homes e 195 son mulleres. Na industria o reparto de poboación ocupada é 17 homes e 5 mulleres. E das catorce persoas que traballan na construcción só 1 e muller. No sector servicios as cifras aproxímanse con 48 homes e 29 mulleres. A cuestión está en que o sector primario acolle o 85 por cento das mulleres ocupadas fóra do fogar, o que dá idea do nivel de desenvolvemento económico en que se atopa este municipio.

No que fai referencia á taxa de actividade por grandes grupos de idade, nos comprendidos entre 16 e 24 anos están traballando 71 de cada 100 persoas, a porcentaxe máis alta da comarca. Igualmente sucede co grupo comprendido entre os 25 e os 54 anos, no que máis de 91 de cada 100 persoas están ocupadas nunha actividade económica. Pola contra, Ribeira de Piquín é o municipio da Comarca de Meira que menor taxa de actividade ten no grupo comprendido entre os 55 e 64 anos, cun 68,39 por cento, rexistro que non obstante e moi superior á media provincial (58,75 %) e á media galega (47,84 por cento). Tamén no caso dos maiores de 65 anos, Ribeira de Piquín ten unha proporción maior que o resto da zona, con 4 de cada 100. En canto á taxa de actividade media, dos 16 anos en diante, case 59 de cada 100 habitantes teñen unha ocupacion, proporción superior en 9 puntos á media galega.Por nivel de instrucción, a poboación analfabeta en Ribeira de Piquín non pasa do 2 por cento, un punto por debaixo da media galega. Case 24 persoas de cada cen non teñen certificado de estudios primarios, unha proporción que está 15 puntos por debaíxo da media provincial. Teñen estudios de primeiro grao o 46 por cento da poboación, porcentaxe 18 puntos por riba da media provincial e 12 da media galega. Con estudios de segundo grado, a proporción é de 27 por cada 100 habitantes, un pouco máis alta que a media provincial e un pouco máis baixa que a media galega. E xa por último, no que respecta ós estudios superiores, non chegan a 2 de cada 100 persoas as que acadan este nivel de instrucción, un rexistro que está case tres puntos por debaixo da media provincial e mais galega.

 

RIOTORTO. Dentro da Comarca de Meira, o municipio en que o sector primario perdeu máis poboación ocupada foi Riotorto. En 1981 tiña case o 73 por cento do total de ocupados e dez anos máis tarde a poboación ocupada caera ó 55 por cento. E dicir perdeu 18 puntos. Non obstante, a porcentaxe aínda é superior en 12 puntos á media provincial e en 22 puntos á media galega. Esta perda de entidade do sector agrario no muncipio vaise ver compensada polo crecemento que experimentan a construcción e os servicios. No primeiro caso, a poboación ocupada pasa do 2,68 por cento en 1981 ó 8,36 % en 1991, o que representa un incremento de case 6 puntos, e no segundo caso, o sector terciario crece desde o 12 por cento da poboación ocupada que anotaba en 1981 ata o 21 por cento que rexistra dez anos despois. Cifra que aínda está 16 puntos por debaixo da media provincial e 22 puntos arredada da galega.

En termos absolutos, Riotorto ten unha poboación ocupada de 909 persoas, das que 520 son homes e 389 mulleres. Na liña da comarca, o sector agrario rexistra un maior número de mulleres (284) que de homes (219) sobre un total de 503 persoas, de modo que o 73 por cento das mulleres que traballan fóra da casa o tan na agricultura e gandería. Das 141 persoas que traballan no sector industrial, 105 son homes e 36 mulleres, e convén subliña‑lo dato de que Ritorto achega o 46 por cento das persoas ocupadas na actividade industrial na Comarca de Meira; no caso das mulleres encadradas neste sector, a contribución representa o 55 por cento. Das 76 persoas ocupadas na construcción só 1 é muller. E no sector servicios, os datos son un total de 189 persoas que se reparte entre 121 homes e 68 mulleres.

Na taxa de actividade por grandes grupos de idade, Riotorto ten unha proporción de 50 de cada 100 persoas para as comprendidas entre os 16 e os 24 anos. Esta taxa e superior en cinco e seis puntos, respectivamente, ás medias provincial e galega. Para o grupo comprendido entre as 25 e 54 anos, 83 de cada 100 están ocupados, unha proporción moi semellante á media da comarca, pero 10 puntos por riba da media provincial e trece da galega. Case 72 de cada 100 persoas traballan das comprendidas entre os 55 e 64 anos de idade. Unha proporción superior en 12 puntos á media provincial e en 23 á media galega. No caso dos maiores de 65 anos, potico máis de 1 persoa de cada 100 segue a trahallar. Unha proporción que é 7 veces maior no conxiinto da provincia e 5 veces máis no conxunto de Galicia. En total a taxa de actividade no municipio de Riotorto sinala que a metade da poboación maior de 16 anos ten unha ocupación.

No nivel de instrucción da poboación, Ritorto ten algo máis de 3 analfabetos por cada 100 persoas, unha porcentaxe que é superior á media galega e provincial. A poboación sen certificado de estudios primarios é de 56 de cada 100 habitantes, unha cifra moi alta respecto do conxunto da comarca e que dobra a media galega. Con estudios de primeiro grao hai 20 de cada 100 habitantes, unha porcentaxe que se afasta 7 puntos da media provincial e 14 da galega. Con estudios de segundo grao hai 18 de cada 100 persoas. E só acadan o nivel de estudios superiores o 2,44 por cento da poboación do municipio, xusto a metade de media galega e dous puntos por debaixo da provincial.

 

 

Onde nace o Miño

As terras de Meira, bravías, de limpos horizontes, teñen o privilexio de acubilla‑lo berce do río galego por antonomasia: o Miño. Sempre co permiso das xentes da Pastoriza, que reivindican para si tal honor na Fonmiñá, a verdade é que as primeirasfontes do río manan no Pedregal de Irírnia, impresionante resto dunha morrena glaciar que se esvae pola aba occidental da serra de Meira. Desde alí outros regatos únense á aínda exigua canle para ir dar a Fonmiñá, e seguir logo cara ó afastado Atlántíco.

 

 

 A serra de Meira, na que moran bestas e fuxidíos lobos, é case a columna vertebral da paisaxe da comarca, un lugar axeitado para o desfrute dos valores naturais, do sendeirismo e das rutas dacabalo. Felizmente, ó pé mesmo da serra, na aldeíña de Grañanova, atópase 'Casa Cazoleiro', un entrañable establecemento de turismo rural que ofrece acubillo, bo xantar, a compañía agradable dos donos, ademais bicicletas e cabalos para percorre‑los camiños desa serra na que, ben o sabía o mindoniense Cunqueiro, habita ainda algún mouro.

Xunto coa serra, a maior ,atracción' da comarca é o mosteiro de Sta. María de Meira, antano un dos máis importantes de Galicia, do que hoxe pervive a súa imponente igrexa, na que os morixes do Císter trazaron a súa sinxela e austera concepción do románico.

Coa excepción do mosteiro, edificio verdadeiramente imponente, os monumentos do resto da comarca son máis ben modestos, acordes curiha terra pouco coñecída. Abundan, iso si, as igrexas de maior ou menor valía artística: as de Arcos, Valonga ou Cirio (todas elas en Pol), a de Santalla de Piquín (Ribeira de Piquín), ou a capela de San Bernabé e a igrexa das Rodrigas en Riotorto.En realidade, a esencia da comarca concéntrase nas súas paisaxes, impresionante o son as montesías en Ribeira de Piquín, municipio fendido polas novas augas do Eo, apacibles e onduladas en Pol e Mosteiro.., e tamén nas súas manifestacións etnográficas moi suxerentes: as casas a forza de xisto e lousa, os hórreos ('cabazos' dinile na zona) moitos deles de tipo asturiano, pozos, etc. En Riotorto, en concreto na parroquia de Ferreiravella, os viaxeiros non deben pasar sen facerlle unha visita a algún dos moitos ferreiros que aínda fan soa‑la zafra cada día, mantendo unha tradición de séculos que aínda se manten moi viva.

Unha última suxerencia para os visitantes: nunha comarca sen demasiadas referencias monumentais e, ó mesmo tempo tan fermosa, o mellor é perderse en calquera fraga (especialmente en Ribeira de Piquín) subir ó cumio das serras ou pasa‑la tarde sentado (existe unha sinxela área recreativa) escoitando como manan cantarinas as primeiras augas do Miño.

 

 

Futuro da Comarca da Terra de Meira

Os principais obstáculos ós que se ten que enfrontar no futuro a Terra de Meira son de carácter demográfico, de orde física (a súa posición xeográfica marxinal no límite oriental da rexión), e tamén de índole socioeconómica, posto que a economía intracomarcal agocha marcadas diferencias entre os concellos cunha renda por habitante superior (Meira) ou similar (Riotorto) á media autonómica, por unha banda, e por outra, os concellos de Pol e Ribeira de Piquín, cunha situación moito máis desfavorecida.

Este desequilibrio ou heterexoneidade económica no seo da Comarca maniféstase en tódolos ámbitos e, por suposto, tamén na diferente dotación de servicios e equipamentos, sendo a vila de Meira o principal núcleo rector, que tradicionalmente vén conformando unha pequena área de mercado, que abrangue os concellos do contorno, situados entre a Terra Chá e a costa lucense. Esta concentración da vida económica xurdiu como resposta e necesidade de ordenar un territorio escasamente poboado, xa que Ribeira de Piquín e Pol encóntranse entre os concellos de menor densidade de poboación de Galicia, ó non acadar nin sequera os 20 hab/km. E precisamente porque non existen núcleos destacables, coa salvidade das capitais municipais (Meira, con 737 habitantes no censo de 1991; Mosteiro, con 204; As Rodrigas, con 151; e Chao de Pousadoiro, con 11l), o futuro da comarca depende do desenvolvemento rural, que é o medio predominante.

A gandería segue a ser hoxe o principal soporte económico, ó que se lle suman os subsidios da terceira idade, nun marco de claro avellentamento poboacional. É, pois, neste sentido no que se deben concentrar tódolos esforzos e encamiña‑las axudas para mellora‑la eficacia do sistema productivo, que necesita máis investimentos. Así será factible o desenvolvemento de cooperativas agrarias, sociedades de transformación e comercialización de productos agrícolas, a mellora xenética das razas de bovino e a posta en producción de superficies incultas ou, infrautilizadas (coa plantación de árbores autóctonas ou o cultivo de plantas de viveiro, por exemplo).

0 escaso tecido industrial existente está minimamente diversificado, estando representado maioritariamente polas industrias agropecuarias. Aprovéitanse, deste modo, as materias primas endóxenas (lácteas, forestais e extractivas). Segundo demostra a experiencia estes son os subsectores que ofrecen maiores posibilidades e se cadra non será desafortunada a creación de pequenas plantas industriais ou empresas semiartesanais de transformación dos productos propios do campo (cámicos, mobles, etc.). A existencia dun parque empresarial poder axudar á creación ou instalación  de novas empresas.

Dado o escaso desenvolvemento dalgunhas zonas montañosas da comarca, que permaneceron máis illadas, a Terra de Meira presenta a vantaxe de ter un contorno medioambiental menos deteriorado que outras comarcas galegas.

0 medio natural pouco transformado, e aínda ancorado no pasado, é un recurso aproveitable en aras de obter ingresos adicionais. Debe poñerse un especial coidado naquelas actuacións que poidan deteriora‑la estética da valiosa arquitectura popular, como pode se‑lo uso de materiais inadecuados como o aluminio, a uralita ou o ladrillo, que contrastan cos elementos tradicionais, máis nobres e fermosos, como a pedra, a pizarra e a madeira. Nesta liña de actuación, puidese aproveitarse a recente moda do agróturismo, un xeito diferente de concibi‑lo tempo de ocio e lecer, que consiste en desfrutar da natureza. Encaixarán de cheo neste uso as casas de labranza, onde o visitante pode comparti‑las labouras. As persoas interesadas en rehabilita‑las casas con certo interese arquitectónico e/ou etnográfico, para acolle‑lo turismo rural, contan con subvencións oficiais. Debe complementarse esta oferta, brindando outras alternativas para realizar actividades lúdicas: paseos dacabalo (xa se ofertan en Casa Cazoleiro), rutas sinalizadas de sendeirismo ou bicicleta de montaña. Para que esta engranaxe funcione é indispensable unha boa campaña de promoción, que achegue os atractivos desta terra ós posibles candidatos a coñecela.

A comarca conta ademais da sosegada paisaxe, que xa se amosou atractiva ha¡ séculos para os ermitáns, con artesanía (obradoiros de gaitas e ferreirías), gastronomía (butelo) e mostras artísticas, entre as que sobresaen os restos do mosteiro cisterciense de Meira, que foi declarado Monumento Histórico‑Artístico, e que presenta unha das igrexas monásticas máis sobresalientes de Galicia.

Hosted by www.Geocities.ws

1