A.P.A.G.
O próximo día 20 de decembro, venres, terá lugar unha homenaxe, promovida pola A.P.A.G., ao Dr. D. Luis Monteagudo García, exemplo de adicación á arqueoloxía ao longo de toda a súa vida profesional.
Á homenaxe sumáronse prácticamente tódalas institucións galegas (e algunhas de fora de Galicia) que teñen relación coa Arqueoloxía activa (non coa actividade burocrática de entorpecemento da investigación arqueolóxica).
Celebrarase un acto académico nos locais do Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), con intervencións de representantes de institucións e cunha conferencia do Dr. D. José María Luzón, e posteriormente unha cea en compaña do homenaxeado.
Se estás interesado en asistir, o precio do cuberto é de 5.000 pts. (envía e-mail para reservar praza).
Se non podes asistir pero queres adherirte á homenaxe, envíanos un e-mail co texto que queras que se lle entregue a D. Luis Monteagudo.
D. Luis Monteagudo, tras ser profesor na Universidade de Santiago (desde onde promoveu a primeira campaña de excavacións no Castro de Elviña en 1947, actuacións das que posteriormente foi apartado apropiándose delas o Comisario Político do momento), adicou moitos anos a percorrer (¡en bicicleta!) Europa e outras partes do Vello Mundo, estudando in situ as pezas existentes en tódolos Museos e coleccións. Á volta a España, foi director do Museo de Avila e posteriormente do Museo Arqueolóxico e Histórico da Cruña, onde formou e serviu de exemplo a moitos arqueólogos actualmente en exercicio. Represaliado en 1975 pola súa actitude de defensa incondicional do Museo e o Patrimonio Arqueolóxico, foi enviado en comisión de servicios forzosa ao Museo de Peregrinacións de Santiago de Compostela, xubilándose nesa situación laboral. Pero sempre foi "Director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Cruña por oposición, non por dixitación", tal como ten asinado algúns dos seus artigos.
Entre a súa ampla e intensa producción científica destaca Die Beile der Iberischen Halbinsel, dentro da prestixiosa colección P.B.F., un auténtico clásico sobre os machados de bronce da Península Ibérica.
Conferencia de Nicholas STANLEY PRICE: Novos enfoques na xestión de xacementos arqueolóxicos. Facultade de Xeografía e Historia, Santiago. 17:00 horas. (Patrocina e organiza: A.P.A.G.).
O resto do programa está aínda en elaboración. Para finais de trimestre está previsto un ciclo sobre novedades na investigación do Paleolítico na Península, con particular atención ao territorio da actual Galicia.
En canto se concreten datas e persoas a intervir se dará inmediata publicidade nesta páxina.
Programa:
Organizan:
Para más información:
José Manuel Hidalgo Cuñarro (miembro de APAG)
Tfs: (986) 295070-75
Baixo o título "As Voces do Pasado" que lle serve de referencia á exposición, amósanse as representacións de carácter xeométrico que configuran o grupo máis numeroso dentro da iconografía do Grupo Galego de Arte Rupestre (círculos, espiráis, labirintos, etc.) Asi mesmo preséntase por primeira vez na nosa rexión nunha exposición desta temática o grupo das Illas Británicas, que xunto co galego son as auténticas estrelas neste tipo de manifestacións do denominado xenéricamente arte post-paleolítica do continente europeo.
Datas:
Patrocina:
Organiza:
El Museo de la Diputación Provincial de Lugo, con motivo de la inauguración de las nuevas salas, está organizando una exposición centrada en la arqueología del oro y la orfebrería prehistórica de Galicia.
Con la arqueología del oro, se quiere dar a conocer al público las minas de oro
explotadas por los romanos en la provincia de Lugo, los métodos de
explotación empleadas, las técnicas de extracción y las condiciones de vida
de los mineros.
Con la orfebrería, se pretende mostrar, por primera vez
juntas, todas las piezas de orfebrería prehistórica aparecidas en Galicia y
que se encuentran dispersas por los museos y en manos de particulares.
Ambos apartados configuran un acontecimiento difícilmente repetible por su
alto interés cultural.
Para más información, e-mail al comisario de la exposición, Antonio Alvarez Núñez (del Consello Directivo de APAG).
Volver á páxina principal APAG.
Homenaxe ao Dr. D. Luis Monteagudo.
Conferencias, cursos e seminarios.
Congresos
Director y Coordinador General del Simposium.
Museo Municipal "Quiñones de León"
Parque de Castrelos, s/n
36213 VIGO
Fax: (986) 239372
Actividades de divulgación del conocimiento arqueológico
Exposición "As Voces do Pasado. Os motivos xeométricos nos gravados rupestres prehistóricos do continente europeo"
Para unha mellor comprensión do tema e dentro das correntes actuais que consideran a arte rupestre ó aire libre herdeira das tradicións decorativas procedentes do mundo megalítico, dedicaráselles un importante apartado ás decoracións das cámaras funerarias correspondentes a este período, coa posibilidade de coñece-la iconografía dos monumentos tanto da península ibérica como de Bretaña e das Illas Británicas.
Dado o áspero que resulta respostar ós interrogantes que xorden ante a contemplación destes deseños xeométricos, consideramos de interese presentar unha área das selvas tropicais como é a da rexión amazónica, percorrida polo río Orinoco en Venezuela, onde ainda os paneis de arte rupestre alí existentes teñen un significado para os habitanbtes do contorno, como unha posibilidade de aproximación real ó fenómeno.
Dirección e realización da exposición:
Colaboracións:
Exposición sobre arqueología del oro y orfebrería prehistórica