A.P.A.G.

Asociación Profesional de Arqueólogos de Galicia

Postura crítica e independiente de la A.P.A.G.


Manifiesto de la A.P.A.G. leido en el acto inaugural del First E.A.A. Meeting (Santiago, 1995).


I.- INTRODUCCION.

The Association of Porfessional Archaeologists of Galicia is already 10 years old, being founded by a group of archaeologists, museum curators, university teachers and government officials. Presently, it constitues the representative body in Galician archaeology, having more than 100 members covering all the main streams of archaeological activity: University, Museums, contract archaeology and Heritage management.

Although at a certain point, we have made public our reserves toward some issues concerning the organisation of this meeting, we strongly support the open and free exchange of ideas beyond the national borders in today's Europe and therefore we are in favour of institutions like the EAA and wish to make our voice heard and our views expressed in such a large meeting taking place in the capital of Galicia.

As members of the Association of Professional Archaeologists we are very aware of the need of incardinating the study of the past with the fights and troubles of present day, for Archaeology is not and cannot stay apart from the sociopolitical issues afecting the lives of our country, an old nation like Galicia with a history, a culture and a language of its own, wich is need of a public boost and that is why we shall deliver our speech in Galician.

A Asociación Profesional de Arqueólogos de Galicia foi fundada hai xa 10 anos, por un grupo de arqueólogos (liberais, profesores universitarios, conservadores de Museos e das Administracións Públicas). Nestes momentos constitue a asociación representativa da arqueoloxía galega, con máis de 100 asociados pertencentes ás diferentes ramas da actividade arqueolóxica: universidades, museos, arqueoloxía liberal e xestión do Patrimonio.

Ainda que no seu momento fixemos públicas as nosas reservas verbo dalgúns aspectos organizativos deste evento, apoiamos claramente o intercambio aberto e libre de ideas por riba das fronteiras nacionais da Europa actual e, xa que logo, estamos a favor de institucións como a E.A.A., e desexamos facer oir a nosa voz e expresar as nosas ideas nunha reunión da entidade da que ten lugar na capital de Galicia.

Como integrantes da Asociación Profesional de Arqueólogos, somos ben conscientes da necesidade de incardinar o estudo do pasado coas loitas e polémicas do presente, xa que a Arqueoloxía nos está nin pode permanecer á marxe dos problemas sociais e políticos que afectan ao noso país, unha vella nación como Galicia, cunha historia, unha cultura e unha ligua de seu, que precisa do pulo público.

Nos obxectivos da nosa Asociación, ademáis dos relacionados coa defensa da profesión, contémplase a protección do Patrimonio Arqueolóxico e a súa divulgación e estudo. Neste ámbito queremos sinalar, entre as campañas desenroladas neste último ano, a defensa do xacemento do Paleolítico Inferior das Gándaras de Budiño (Pontevedra) e do conxunto de arte parietal de Foz Côa (Portugal), presente este último nesta xuntanza a proposta da nosa Asociación.

II.- ESTADO ACTUAL DA PROFESION EN GALICIA.

Nos últimos quince anos, e a raíz da atribución de competencias á recén nacida Comunidade Autónoma de Galicia, a arqueoloxía cobrou un forte pulo que se traduce na maior actividade arqueolóxica e no incremento de profesionais da arqueoloxía, tanto nas diversas institucións públicas como no recente exercicio liberal da profesión.

Este rápido crecimento cuantitativo non foi acompañado das necesarias e desexables reflexión, programación e coordinación racionais por parte das institucións responsables da Arqueoloxía na nosa Comunidade Autónoma. A ausencia dunha programación a medio e longo prazo provoca unha situación en certa maneira caótica na que non está clara a distribución de tarefas e responsabilidades, e na que se producen circunstancias como a actual, na que se levan dous anos consecutivos sin realización, por ausencia de financiación e mesmo de autorización administrativa, de excavacións arqueolóxicas programadas con criterios de necesidade científica.

II.1.- A UNIVERSIDADE.

Un reflexo do anterior pode verse na actual situación universitaria. Nos últimos anos dúas novas universidades (A Coruña e Vigo) engadíronse á xa existente en Santiago, impartíndose asignaturas de Arqueoloxía nesta última e na de Vigo, pero sin que en ningún momento se plantexase a creación dun título universitario específico para a Arqueoloxía. Esta circunstancia, común por outra parte co resto de España, priva ao colectivo arqueolóxico do instrumento fundamental para acada-lo pleno recoñecemento legal do noso exercicio profesional.

O dereito e o deber de investigar inmanentes aos profesionais universitarios debe ter o seu correlato nun maior protagonismo á hora de abordar problemas patrimoniais, establecer planes de actuación a medio e longo prazo, e evaluar riscos para o rexistro arqueolóxico. Nestes momentos, a falla de financiación e as trabas legais están limitando os programas de investigación universitarios.

É asimesmo imprescindible o establecimento de liñas de colaboración entre as Universidades e as persoas físicas ou xurídicas adicadas á arqueoloxía de intervención, posibilitando unha optimización de recursos, evitando a práctica separación entre elas existente na realidade, e apoiando unha compaxinación entre a investigación básica e o exercicio liberal ou empresarial da arqueoloxía.

II.2.- MUSEOS.

A carencia dunha política arqueolóxica, agravada neste caso pola falla de persoal cualificado e de medios económicos, tradúcese, no ámbito dos museos con fondos arqueolóxicos, nunha falla de tratamento técnico dos mesmos (inventarios, catálogos, conservación dos materiais,etc.), coas conseguintes dificultades para a consecución dos seus fins máis elementais.

A ausencia de coordinación entre institucións leva, pola súa parte, a unha paradóxica estanqueidade de cada museo no seu ámbito máis local e específico, permanecendo na maior parte dos casos á marxe da actividade arqueolóxica cotiá, e sin que unha adecuada programación xeral permita a optimización dos recursos existentes (bibliotecas, talleres de restauro, etc.), de notable calidade nalgún caso.

Precisamente neste ámbito chama a atención, pola súa falla de racionalidade, o elevado contraste entre institucións que, baixo o mesmo nome de Museo, responden a realidades moi dispares. Así, mentres existen museos cun relativo grado dotacional, na xeralidade dos casos a ausencia de medios persoais e materiais levan a dubidar da eficacia da custodia efectiva dos seus fondos e da súa rentabilidade social, sendo posible cuestionar a corrección da súa denominación como Museos tal como están concebidos na vixente lexislación.

Estes feitos non deben ocultar o protagonismo de determinados museos na realidade arqueolóxica actual, tanto en actuacións como en difusión do coñecemento arqueolóxico a través das suas publicacións periódicas científicas que, xunto coas revistas editadas desde as Universidades, son os únicos medios de información arqueolóxica hoxendía existentes, dado que a Administración Autonómica paralizou desde hai anos as súas liñas de publicación. Pero ainda recoñecendo esta realidade, débese sinalar que os aspectos positivos responden máis á actuación voluntarista dos respectivos responsables que a unha programación organizada.

II.3.- A SITUACION DOS ARQUEOLOGOS NAS ADMINISTRACIONS PUBLICAS.

Malia terse incrementado durante os últimos dez anos o número de arqueólogos que traballan nas administracións públicas (de un a nove na autonómica, e de un a cinco nas locais), pódese decir que a súa situación profesional non se definiu nin dignificou ainda suficientemente. As Administracións Públicas pretenden que o arqueólogo sexa un profesional que resolva os problemas do Patrimonio Arqueolóxico, pero sin ofrecerlle os suficientes medios materiais. A este respecto o arqueólogo debe facer de todo, xa que non ten á súa disposición persoal auxiliar específico (diplomados, delineantes, etc.), nin dispón de recursos económicos para informarse ou mercar instrumentos materiais básicos para desenvolver o seu traballo. Quizais isto teña moito que ver coa súa pertenencia a departamentos (Cultura) que dispoñen de orzamentos probes en relación a outros.

Por outra banda, un dos graves problemas que afectan aos arqueólogos das Administracións, é a indefinición das súas funcións profesionais. En ningunha norma se encontran escritas as labores que deben desempeñar, polo que na práctica o seu traballo se rexe máis polo voluntarismo que por funcións asignadas. En relación con isto tampouco se encontran definidas as relacións internas entre os diversos sectores do organigrama funcionarial no que atinxe ao Patrimonio Arqueolóxico.

Outro dos problemas é o centralismo, tanto a nivel horizontal como vertical. Si é patente a centralización das competencias sobre o Patrimonio Arqueolóxico da Administración Autonómica en relación coa Local, tamén se pode afirmar que existe unha forte centralización mesmo dentro da primeira, ao comparar os servicios centrais cos periféricos, o que redunda na falla de axilización na tramitación e, xa que logo, na efectiva protección do Patrimonio Arqueolóxico.

En relación cos problemas de indefinición atrás apuntados, hai que decir que, pese a que os arqueólogos da Administración Autonómica pertenecen aos corpos facultativos, a diferencia doutros técnicos (arquitectos, enxeñeiros) non desempeñan, agás excepcións, funcións facultativas, sinon esencialmente administrativas. Creemos que os arqueólogos deste sector profesional deben realizar funcións técnicas e direccións facultativas, que deberían ser definidas normativamente. Isto último contribuiría a solucionar moitos problemas, tanto desde a vertente contractual como na axilización da resolución de determinadas cuestións, ou na organización e planificación das tarefas que lles sexan encomendadas. Si ben na Administración Local non é insólito que os arqueólogos realicen funcións facultativas, estas son escasas en parte como consecuencia da falla de competencias en Patrimonio Arqueolóxico, e en calquera caso estas funcións están igualmente sen regulamentar.

II.3.- EMPRESAS E PROFESIONAIS LIBERAIS.

Na última década en Galicia, a demanda crecente de arqueólogos que resolvan actuacións derivadas do incremento das obras públicas, unida á aparición de certa sensibilización social ante a destrucción do Patrimonio público, desbordou os mecanismos da Administración.

O peculiar mercado de traballo que xera a Arqueoloxía como parte integrante do Patrimonio non está caracterizado por unha "demanda positiva", facéndose patente que o que caracteriza a demanda arqueolóxica é o imperativo legal. As empresas constructoras e os promotores son os principais "clientes" á marxe da Administración, pero actuan máis por non incurrir na ilegalidade que polo convencimento e asunción de que o Patrimonio é un legado público inalienable, que dá sentido e axuda a cohesionar unha Comunidade.

Lonxe dunha política proteccionista, necesaria noutros moitos aspectos, o profesional liberal reclama da Administración un celo escrupuloso no cumplimento da normativa que, automáticamente, abra e axilice os mercados de traballo; unha descentralización burocrática que simplifique as tramitacións e achegue a práctica arqueolóxica ao demandante, en vez de disuadilo ao provocar situacións delictivas que introducen á administración en expedientes sancionadores polo momento irresolubles e ineficaces.

É necesario un abandono de actitudes proteccionistas e de tutela sobre o profesional, que redundan de novo nun lento, gravoso e mal servicio da empresa arqueolóxica ao promotor, especialmente si éste non é da Administración. Todo intervencionismo férreo tradúcese nun incremento da cotidiana lentitude administradora e o conseguinte encarecemento do servicio. A promoción da profesión por parte das institucións públicas deberíase manifestar na axilización dos permisos de excavación e na desaparición do centralismo e da discrecionalidade.

Entendemos que a titulación é a que capacita ao arqueólogo para poder intervir no xacemento arqueolóxico, non a autorización administrativa, que debe ser entendida únicamente como un control da actuación.

O mercado laboral de traballo, si ben se incrementou nos últimos anos, é ainda fráxil e irregular, como consecuencia da ausencia dunha actitude política coherente e forte na defensa e recuperación do patrimonio arqueolóxico. A estas alturas xa non é disculpable políticamente a escasez de recursos económicos e humanos que destina a Xunta de Galicia ao Patrimonio Arqueolóxico, nin a ausencia dunha normativa que regule, nos aos arqueólogos, sinon á protección e posta en valor dos xacementos, garantindo unha concurrencia en condicións de publicidade e igualdade, e suprimindo a habitual discrecionalidade nas adxudicacións.

III.- ANALISE CRITICA DA ARQUEOLOXIA EN GALICIA.

Ainda que se incrementou vertixinosamente o número de intervencións arqueolóxicas de urxencia ou de salvamento, iso non vai parello cun aumento do coñecemento histórico. Os resultados das excavacións e prospeccións apenas son publicados, co que a fin de contas os datos extraidos acabarán arquivados, no millor dos casos. Como consecuencia, a intervención arqueolóxica convírtese na práctica nun imposto revolucionario para acalar políticamente determinadas críticas e inquedanzas sociais, e manter artificiosamente unha profesión liberal, reducindo o papel de arqueólogo a cómplice legalizador dunha destrucción, o que conleva, cando menos, un sentimento de frustración profesional. A culpa de que o proceso non alcance os seus obxectivos (coñecemento histórico e posta en valor sociocultural do xacemento) non é do profesional que dirixe a intervención, sinon dos poderes públicos, que non están sensibilizados ou non se ven suficientemente presionados para planificar con seriedade toda a engranaxe que constitue o Patrimonio Arqueolóxico.

Isto redunda na fase final da investigación, é decir, na elaboración e publicación dos resultados; tarefas estas últimas que, non estando suficientemente financiadas, non alcanzan o seu fin. Tara que para ser resolta precisa, ademáis do incremento do presuposto destinado a esta finalidade, un cambio na mentalidade, tendo en conta que o fin último da intervención arqueolóxica é o coñecemento da nosa historia, o que precisa da existencia de equipos de investigación permanentes con programas e proxectos definidos e específicos.

Un caso exemplarizador do que decimos é a incoherencia manifesta na investigación sobre os xacementos situados en ámbito urbano, pois mentras o xacemento constitue unha unidade, sobre él interveñen diferentes equipos de investigación desconectados entre sí. Falla a planificación e organización da actividade arqueolóxica urbana, que debe estar centrada nunha única coordinación nun proxecto globalizador.

Outro tema importante de debate, non só en Galicia senon en toda Europa, é a discusión sobre si a actividade arqueolóxica se debe liberalizar completamente desde o punto de vista económico e contractual, ou ben debe ser levada total ou parcialmente polas institucións públicas. A experiencia en Galicia é que o sistema privado na execución dos traballos arqueolóxicos de campo falla, tanto por aspectos económicos como pola inexistencia de programas globais de investigación.

En Galicia as intervencións arqueolóxicas por mor dunha obra son sufragadas polos promotores, agás excepcións, en parte debido á concepción de que debe ser o actor o que pague a actividade, pero tamén, e sobre todo, polo baixo presuposto que manexa a Dirección Xeral do Patrimonio Histórico. Pero, paradóxicamente, ás obras de gran envergadura executadas por outros organismos públicos non se lles aplica a mesma regla, xa que parcial ou totalmente a Dirección Xeral do Patrimonio Histórico sufraga as intervencións arqueolóxicas derivadas delas (oleoductos, gaseoductos, autovías...), sen que nen tan siquera se aplique o 1 % cultural.

As previsións de futuro cara a nosa profesión non nos permiten ser optimistas. Nestes momentos está finalizando a súa tramitación parlamentaria un Proxecto de Lei do Patrimonio Cultural de Galicia que, na súa formulación orixinal, elaborada desde a Administración Autonómica sen oir aos colectivos profesionais implicados nin buscar un mínimo consenso das forzas sociais, non só non soluciona os problemas enunciados sinon que consagra definitivamente a súa permanencia, respondendo a unha mentalidade burocrática, centralista e mimética dos aspectos máis regresivos doutras lexislacións, e sen abordar os aspectos diferenciais da realidade galega.

Esta Asociación Profesional de Arqueólogos elaborou un conxunto de propostas en forma de enmendas a este Proxecto de Lei, que foron presentadas a tódolos grupos parlamentarios existentes en Galicia, no ánimo da millor colaboración institucional.

Unha vez máis a Asociación Profesional de Arqueólogos de Galicia quere testimoniar a súa profunda convicción da necesidade de que a Administración e os diversos sectores que desenrolan a súa labor no ámbito do noso Patrimonio Arqueolóxico establezcan os oportunos cauces de diálogo e consenso, única vía que permitirá acadar a necesaria racionalización na preservación, recuperación, estudo e posta en valor social do noso pasado.

A.P.A.G.

Volver al índice.


Carta del Presidente de la APAG al Director Xeral do Patrimonio Histórico (Xunta de Galicia).

(Enviada el 10 de Abril de 1996, a fecha de hoy todavía no se ha recibido respuesta, lo que representa cuando menos una considerable falta de educación).


Ilmo. Sr. Director Xeral do Patrimonio Histórico e Documental
D. Angel Sicart Giménez
Consellería de Cultura
Edificio Administrativo San Caetano, Bloque 3
15771 SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Santiago, 10 de abril de 1996.

Ilmo. Sr.:


Me dirijo a V.I. en mi calidad de Presidente de la Asociación Profesional de Arqueólogos de Galicia, para haceros llegar, con todo respeto y crudeza, el profundo malestar del colectivo que me honro en representar, ante la pertinaz práctica de que nos enteremos de decisiones de gran trascendencia para nuestra profesión a través únicamente de los comunicados de prensa. ¿O es ése el único cauce de diálogo que nos está proponiendo V.I.?

Algo sorprendente, tanto por encontrarnos en una sociedad democrática, como porque, le consta a V.I., hemos dado pruebas de nuestra legítima preocupación por hacerle llegar la opinión de la A.P.A.G. ante las nuevas circunstancias que nuestro quehacer profesional conoce. Y todo ello con el sincero deseo de contribuir a que sea a través del rico contraste de experiencias como se vayan tomando las decisiones que correspondan con el ánimo de integrar esfuerzos, respetar legítimos intereses y no excluir a nadie, contribuyendo a una mejor y más racional preservación, estudio y puesta en valor social de nuestro Patrimonio Arqueológico.

Pues bien, una vez más aparenta no haber más cauces de comunicación entre su Dirección General y los profesionales de la Arqueología gallega que la prensa y el D.O.G. Así, por ejemplo, es a través de la prensa que llega a nuestro conocimiento la programación para el año en curso. Tal parece que se busca escamotear -que sepamos, tal programación no ha sido consultada con Asociación ni Institución alguna- toda opción a que la sociedad en general y los profesionales de la arqueología en particular participen y opinen. Dando con ello oportunidad a posibles interpretaciones torticeras que en nada benefician ni a la Arqueología ni a nuestro Patrimonio, pero comprensibles en esta aparente situación de "planificación centralizada".

Bien entendido, no ponemos en duda la legitimidad de su Dirección General para proceder como mejor le parezca; ahora bien, comprenderá que, en el contexto en que nos encontramos, sí que nos vemos en la obligación de interrogarnos, y de preguntarle respetuosamente a V.I. acerca de ¿cuáles son los criterios en que se fundamenta tal línea de actuación?, ¿qué objetivos pretende alcanzar?, ¿existe un plan a corto/medio plazo o tan sólo es una solución coyuntural?

Y unido a las interrogantes anteriores, ¿ya han sido adjudicadas?, ¿cuáles son, o han sido, las vías previstas/empleadas para su contratación?

Interrogantes cuya gravedad se ve incrementada en tanto que se transmite la impresión de opacidad en la gestión de nuestro Patrimonio Arqueológico, con la consiguiente creación de una atmósfera de cierta desconfianza -probablemente por pura ignorancia-. Y es que, tal parece, pudiera ser que se nos pretendiese impedir analizar con la seriedad precisa los intereses, legítimos por supuesto, a los que responden tales intervenciones en el Patrimonio Arqueológico de Galicia.

Y todo ello dicho desde una Asociación que pertenece, tal creemos, a la Comisión Técnica de Arqueología, que por cierto no se convoca desde hace ya un buen número de meses. ¿O es que tal Comisión ha sido disuelta clandestinamente?

Y qué decir de la ausencia una vez más de toda convocatoria destinada a subvencionar actividades arqueológicas de personas o entidades sin fin de lucro. ¿Qué va a ser de las líneas de investigación que tanto han contribuido al conocimiento de nuestra Historia? ¿Dónde se van a formar los nuevos arqueólogos? Desolados, Sr. Director General.

Otrosí, en relación con los criterios seguidos en, permítame la licencia, el "sorteo de primavera" que ha otorgado a algunos agraciados ciertos "premios" consistentes en proyectos ¿de excavación y/o consolidación?, según graciosa comunicación de los Servicios de Arqueología. Por cierto, ¿ha acabado ya el sorteo?

En otro orden de consideraciones, permítame solicitarle información acerca de las medidas adoptadas y el estado en que, en su caso, se encuentra el expediente del yacimiento de las Gándaras de Budiño, así como ¿qué ha hecho y cuáles son las medidas que esa Dirección General piensa tomar en relación con los petroglifos y castro de Punta Igrexiña (Cangas, Pontevedra)?

Finalmente, nos gustaría llamar su atención sobre lo perjudicial, para la sociedad en general y para el colectivo arqueológico en particular, del mantenimiento de las restricciones en el acceso al Inventario. Cuestión sobre la que nos reiteramos en nuestra solicitud de que tal documento sea de libre acceso.

Pese a todo, puede V.I. tener la seguridad de que la A.P.A.G. está dispuesta a aportar su opinión y poner su experiencia en beneficio de nuestro Patrimonio Arqueológico, incluyendo la responsable participación en la elaboración de planes de actuación arqueológica si es que se le da la oportunidad.

Reciba V.I. mi cordial saludo.

Fdo.: César Llana

Presidente de la A.P.A.G.

Volver al índice.

1