PÁXINA OFICIAL DA PEÑA SILVA TEMPORADA 2004 - 2005
Eres a visita número:

Só pode haber un obxectivo. O ascenso. Comezamos con ilusión a temporada na que temos que acadar o obxectivo primordial. Temos unha plantilla nova e con grandes expectativas. As novas incorporacións garanten calidade, ilusión e o fin dun pasado cheo de penurias. Todo o que queiras saber do noso equipo está á túa disposición nesta páxina. Sorte, e nos vemos en 2ª División.
Intentaremos observa-lo rendemento do equipo revisando unhas novas ESTATÍSTICAS.
A petición popular incorporamos un FORO. Prégase que os compoñentes do equipo se rexistren nel coma usuarios, e que no seu nick poñan o seu nome real, ou o seu parecido razoable. Rogamos se inscriban canto antes, non vaia ser que nos quiten o foro. Animamos a todos a participaren nel, aportando ideas se é posíbel. Ademáis poderás descargar as estatísticas do equipo xornada a xornada.
Para calqueira suxerencia contactade con: [email protected]
Aqui temos as fotos da cea oficial da Peña Silva. Prégase ós menores de idade, ou poboación con problemas cardíacos ou risco de ataques epilépticos que non entren.
Anunciamos que no diario deportivo "Dxt" foi publicada unha noticia en referencia ó noso equipo. Atoparédela AQUÍ.
Coma o noso interese é achegarnos a tódalas noticias arredor do noso equipo aquí vos vai a última incursión no mundo do cinema dun dos nosos compañeiros preferidos.