Crónicas dos partidos da tempada 2004-05
30-10-04 Silva 2 - Yéboles 3. Alineación: Campello, Bailarín, Nando, Moro, Míchel, Patata, Dani, Alberto, Miguel Ángel, Juan Ramón, Sergio.
Penosa forma de deixar escapar un partido controlado hoxe, en Carnoedo.
O encontro comezou de forma disputada, con dous equipos moi similares. A Silva golpeou primeiro con un golazo de Bailarín, dende a frontal da área, despois dunha xogada colectiva tras un pase de Alberto. Pero o partido seguía sen estar controlado. Uns minutos despois, tras un saque de banda, Patata gañou un balón de cabeza entre tres adversarios para deixar a Sergio só diante do gardameta, e Sergio non perdoou (como acostuma a ser habitual).
E cando o partido parecía q ía quedar sentenciado para o Silva, comezou o recital local. Un forte saque do porteiro rival colleu á defensa durmindo e os dianteiros rivais resolvaron o dous contra dous de bó disparo raso dentro da área. O Silva comezou a poñerse nervioso e ós poucos minutos un saque de falta dende case o medio campo, o balón ía moi brandiño, pero estaba mollado e ao noso porteiro se lle escapou das mans e entrou na porta. Despois disto todo caras longas e pouca moral no equipo local.
Con este panorama chegou o descanso, con varios dos integrantes do equipo local desquiciados, polo erro do porteiro, sen darse conta de que a culpa non é del, se non dos q non rematan o partido cando está propicio.
E na segunda metade máis do mesmo, os visitantes, tras un saque de banda (penso q non sacaron regulamentariamente nin unha soa vez en todo o encontro), houbo unha falla de concentración no Silva, e un desequilibrio nas marcaxes. Nando estaba obrigado a deixala súa posición, e os rivais, con dúas paredes rápidas, se prantaron diante do porteiro e non perdoaron. Era o 2-3 definitivo, pero quedaba aínda toda a segunda metade e xa parecía definitivo, pola fráxil moral do equipo local, aínda pensando no gol do empate.
A partires de aquí todo foi empurrar sen máis. O equipo mellorou algo cós cambios, sobre todo pola grande aportación de Sergio dende o medio centro, e a incorporación de Dani (inédito en todo o partido) na dianteira, coa súa movilidade. Juan tivo dúas ocasións de empata-lo partido, unha tras unha grandísima xogada de Dani (que pena que non xogara antes de dianteiro) e outra tras un pase inesperado de Juanjo. Pero o empate non chegou, entre outras cousas porque sería inmerecido. Non de pode desaparecer dun partido durante 45 minutos se se quere gañar.
MVP: Está difícil, certamente, esta vez darémolo compartido. Patata na primeira metade, pola súa movilidade, a asistencia de gol e as súas gañas de participar. Na segunda metade Sergio, q no medio recuperou balóns e fixo grandes xogadas. Co seu físico e as súas gañas, se soltase máis a pelota sería un dos mellores xogadores da liga, sen dúbida.
A mellorar: Buf, podería escreber durante séculos cousas a mellorar. Pero neste partido o máis importante é q hai q mellorar a moral. No descanso todos vían dende fora que o partido estaba moralmente perdido, e iso é imperdonabel. Se somos malos o somos e listo, pero non se pode consentir que o equipo non dea a súa medida auténtica por falta de espírito. Creo q xa nos remontaron varios partidos esta temporada, e iso non é unha casualidade.