Crónicas dos partidos da tempada 2004-05

 

    11-12-04    Silva 6 - Troula 2. Alineación: Campello, Óscar, Corredoira, Nando, Moro, Míchel, Pastelito, Miguel Ángel, Juan Ramón, Dani, Sergio.

                       Bonito entreno no futbolín de Carballo.

                       Pouco rival tivemos en fronte. O encontro comezou cun tempraneiro gol de Dani, tras un dobre remate de cabeza, o porteiro puido coa primeira, pero á segunda foi a vencida. Tras este gol houbo un desafortunado incidente que desnivelou o encontro, na mesma xogada do gol o porteiro rival caeu lesionado e entrou no seu lugar o malo do Tekken, que era calquera cousa menos porteiro. Despois unha grande xogada entre Miguel Ángel e Sergio acabou cun golazo do primeiro, que petou no longueiro antes de entrar. Imparabel, que diría Camacho. Semellaba que a incompetencia atacante da Troula finalizaba cun tanto a balón parado (outro máis na nosa contra...), no que o balón petou na cara dun rival e entrou para poñer certa incertidumbre no marcador (2-1). Pero ós poucos minutos Dani tivo un momento de pillería e marcou coa man tras un centro de Míchel (as estadísticas din que é o primeiro encontro no que somos máis listos que o rival). Antes do descanso aínda tivemos opción de marcar un tanto máism gracias a un disparo tremendo de Juan no que o porteiro nin sequera se moveu para detelo, tiña as máns coma un porteiro de futbolín.

                        Có tanteo de 4-1 chegamos ó descanso có partido case decidido.

                        A segunda metade foi case igual, coa excepción de que erramos máis que na primeira. O encontro estaba equilibrado ata q Juan se leva un balón coa man dentro da área e remata a gol có porteiro de primeiro espectador. Despois de que a Troula marcase un tanto anecdótico (con cagada de Oscar incluida) Sergio acadou o que levaba agarndando todo o encontro, marcar un gol. Despois de mandar fora un balón dende prácticamente dentro da portería, un par de xogadas despois marcou de potente zurdazo, poñendo o definitivo 6-2 no marcador. Un partido menos na nosa loita polo ascenso.

                        MVP: aínda que para min non luciu tanto coma os goleadores, Pastelito foi o mellor. Nunca o vira así, saiu a comerse o campo dende o principio (aínda que co tamaño q tiña quedaría con fame), estivo perfectamente posicionado todo o partido e recuperou moitísimos balóns, ademáis de mandar o debido no campo. Mención especial para Corri, que está velocísimo ultimamente, e para os 4 de arriba, que tiveron moita movilidade e crearon moito perigo.

                        A mellorar: Obviando o pase da morte de Óscar no segundo tanto, debemos mellorar o de case sempre, marcamos fatal a balón parado. Neste partido foi a 1ª vez q pasabamos de 1,70 m. de media no once inicial e aínda así nos crearon moito perigo neste tipo de accións, temos que estar máis atentos.

Hosted by www.Geocities.ws

1