Crónicas dos partidos da tempada 2004-05 

                                                                                                        

                                                                                                     

    14-11-04    Silva 1 - Sánchez Moreira y cía 1. Alineación: Campello, Moro, Corredoira, Nando, Bailarín, Sergio, Iván, Souto, Oli, Dani, Pablo   

                        Mal partido en Pastoriza da Silva.

                        O encontro comezou mal, coa Silva defendéndose continuamente do ataque do Sánchez, que estaba espléndidamente colocado no campo, e gañou sempre a batalla no mediocampo. Asi e todo, o gol dos visitantes chegou nun corner no que o Silva se despistou nas marcaxes, e un rival rematou totamente só. Acto seguid, outro corner igual estivo a piques de poñe-lo 0-2 no marcador, có mesmo protagonista. Asi, entre imprecisóns e despistes chegou o descanso, co mediocampo do Silva naufragando totalmente.

                        Na segunda metade os locais seguiron polos mesmos derroteiros, sen orde no mediocampo, e sen chegadas claras, salvo contadas ocasións ao contraataque. Un saque de banda do Silva rematou nun grande gol de Souto que, tras un rexeite, empalmou un chut imparável dende a frontal q rematou na escadra da portería visitante. Despois disto os visitantes se descolocaron totalmente e chegaban as opcións para o Silva de remata-lo partido, pero aínda non conseguíamos chegar soltos arriba. Asi morreu o partido, coa Silva máis preocupada pola actuación arbitral q pola grande ocasión de matar un partido que o puido poñer en posición de ascenso.

                        MVP: Corredoira, no seu regreso á titularidade polas numerosas baixas do Silva estivo inmenso, rapidísimo no corte, ben nos saques de porta, e sen desquiciarse coma noutras ocasións, te necesitamos, Corri.

                        A mellorar: Hoxe case todo, pero sobre todo unha cousa, NON FIXARSE TANTO NO ÁRBITRO, que sabemos que é malo, pero non tanto coma nós.

Hosted by www.Geocities.ws

1