Crónicas dos partidos da tempada 2004-05

 

    28-11-04    Silva 3 - Rocco Magali 2. Alineación: Campello, patata, Corri, nando, michel, juanjo, miguel angel, moro, cataña, dani, pablo.

                       Novo partido gañado de novo con sofremento, collóns (non coma os do patata que deben estar nun pésimo estado), e una grande dose de xarabe de sorte, no arenal da Torre, no que por unha vez nin fixo vento nin choveu (quizáis por iso gañamos).

                       Comezou ben, xogando o balón e tendo algunha ocasión clara, en parte gracias a que os da Rocco se empeñaban en xogar o balón en defensa. O 1º gol noso chegou tras un saque de banda de Patata que, tras ser cabeceado por un defensa quedou morto nos pés de Juanjo, que cruzou con frialdade ó fondo da portería contraria.

                        E, como non, a cousa non podía ir tan ben, así que ainda que os visitantes non chegaban moito á nosa portería, e cando o facían era a base de balóns na área, un corner que era franco para ser despexado por Nando, acabou en penalti tras propinarlle unha patada na pierna ó dianteiro rival que se oiu en toda a zona, penalti que foi transformado e puxo a igualdade no marcador. Tratamos de non virnos abaixo e seguimos atacando, pero non dimos pé con bola e noutro balón colgado, Campello decidiu realizar seu baile no momento máis inoportuno, non acertando a despexar outro balón franco que se colou irremisiblemente para desesperación dos alí presentes. Outro partido que se empezaba gañando  que nos íamos ó descanso perdendo.

                        Na segunda metade o equipo, cós mesmos que acabaron o 1º tempo, saiu decidido a remontar, e afortunadamente o conseguiu Sergio aos poucos minutos tras recoller un balón perdido e empalma-lo á rede. Empate a 2 con todo o partido por diante. Según ían pasando os minutos continuaba a igualdade, a pesares dos cambios introducidos, pero o ansiado gol chegou dunha forma rocambolesca, tras unha xogada de Pablo na que o defensa ao despexar golpeou noutro do seu equipo, quedándolle nos pés a Dani que estaba en claro fora de xogo a no ser porque o pase foi do defensa (agradecemos ao arbitro que coñecera o reglamento), e que enviou de tiro cruzado á rede . Os restantes minutos de xogo foron unha defensa á heroica na que a suerte se aliou connosco ó ir un balón da Rocco ao pau, tras erro en cadea da defensa e o porteiro.Angustioso partido resolto finalmente con victoria, o que nos permite seguir arriba.

 

                        MVP: O defensa que lle deu a asistencia de luxo a Dani, o árbitro por non pitarlle fora de cogo, e o pau da portería por salvarnos do empate.

 

                        A mellorar: Sempre nos meten goles por erros infantiles e perfectamente evitables, aínda no he vin que nos marcaran un golazo po-la escadra ou un xogadón tipo Maradona. Hai que concentrarse e non dubidar....Por certo, outra vez nos remontan cando empezamos gañando? jejeje

Hosted by www.Geocities.ws

1