Crónicas dos partidos da tempada 2004-05
30-01-05 Silva 2 - Richarbel 4. Alineación: Campello, Moro, Corri ,Nando, Oscar, Juanjo, Alberto, Chema, Owen, Dani, Pablo.
Monologo do equipo visitante en Pastoriza, no tamén chamado estadio do tonto na grada. Partido có que a peña Silva non di adeus ás súas opcións de ascenso porque a xornada foi moi propicia. Sufrimiento ata o fin.
Do encontro, destacar só pola nosa parte a ineptitude tanto defensiva coma ofensiva. Somos un equipo que en canto nos toca en fronte outro no que un par dos seus compoñentes recibiran clases de fútbito de pequenos, nos sacan as cores.
O partido enteiro se desenrolou de idéntica forma: balóns recuperados cando o rival non marca (foras de puerta ou de banda) e, có el balón no noso poder, uñazo a onde caia ou pérdida en campo contrario. O costume de algúns de non pasar xa non parece ineptitud, se non falta de compañerismo. Chegouse ó descanso con un 2-1 en contra, gol que só se puido conseguir por un corner directo botado por Juanjo, tendo tocado os dianteiros un par de balóns, coma sempre. Na 2º parte máis do mesmo, distribución nula do xogo e erros infantiles en defensa, que provocaron 2 goles máis en contra, goles que de estarmos máis concentrados non terían subido ó marcador. A partires de ahi, a richarbel se adicou a perder o tempo con continuas protestas e caídas ó chan a causa de supostas contusións. Ademáis de futbolísticamente, nos barreron en picardía. Só tras unha indecisión da defensa contraria Pablo acertou a marcar de tiro raso poñendo o definitivo 2-4 no tanteador.
MVP: Os máis firmes candidatos van para os hoxe mellores xogadores do equipo, “Nadie” e “Ninguno”, pero ímosllo a otorgar ó noso balón, impoluto ó final do partido e sen mostrar signos de queixa tras o maltrato ó que lle sometimos a base de uñazos (Sorte que a lei de maltrato de xénero non se aplica todavía).
A mellorar: Coñecer os fundamentos básicos que sosteñen e conforman un equipo, tales coma pase, desmarque, apoio, permuta, despexe, seguridade, confianza, etc... eses que os nenos pequenos aprenden xogando no patio.