Crónicas dos partidos da tempada 2004-05
20-02-2005 Silva 4 - Independiente 1. Alineación: Campello, Míchel, Nando, Óscar, Chema, Lalo, Alberto, Miguel Ángel, Dani, Juan Ramón, Pablo.
Grande partido da Silva, probablemente o mellor da temporada. Unha primeira metade chea de dinamismo e chegadas constantes. Comezamos coma se debe xogar ó fútbol, con dous interiores que corren, e que rompen ó equipo rival po-los seus laterais. As ocasións se repartiron ó comezo, os visitantes tamén levaban perigo con disparos dende a frontal que non atopaban portería.
Cando iamos chegar ós primeiros vinte minutos un bó pase de Pablo que habilitou ó interior dereito (Lalo) dentro da área e éste non errou, sacando un bnó disparo coa súa perna dereita a media altura. Dende aqui ó remate da primeira metade todo foi atacar por parte da Silva, pero sen resultado no marcador. Os rivais xa chegaron desgastados ó descanso, po-la clara diferencia de físico entre ambos equipos.
Na segunda metade máis do mesmo. Seguían chegando os ataques da Silva constantemente e os rivais creaban pouco perigo, ainda que o foco dos ataques locais cambiou cara ó centro do ataque, en troques das bandas. Así chegou o segundo gol do encontro, cando nun mal pase po-lo medio, o porteiro visitante despexou mal e a pelota caeu nos pés de Juan, que, con un bó tiro dende 30 metros puxo o 2-0 no marcador. Pouco despois un pase precioso de Pablo mirando cara a outro lado deixou a Juan diante do porteiro e voltou a non perdoar.
Despois disto e co partido perdido a Independiente botouse arriba e creou problemas na parte dereita do seu ataque. Fruto dunha falta próxima o medio campo a Independiente sacou un libre directo q petou no longueiro e quedou mansa para que un xogador rival a empurrara. Pero isto foi un espellismo, dado que pouco despois un contraataque da Silva (milagre!!!!) perfectamente lanzado por Souto cara Owen, este a puxo perfectamente no segundo pau para q Juan só tivera que empurrala. Era o seu hat-trick particular, pero o balón non llo regalamos, que ainda falta xente por pagar e non hai presuposto.
MVP: Poderiamos elixir entre Juan (3 goles) ou Pablo (2 asistencias), pero penso que foi máis providencial ainda unha parada espectacular de Campello lanzándose estilo Ablanedo a por unha pelota que puido supoñer o empate a un no marcador e puido cambia-lo signo do encontro.
A mellorar: Hoxe pouca presencia no medio campo, e ultimamente xa estamos acostumados a que pase, os do medio teñen que preocuparse máis de pedi-la pelota e axudar a saca-la dende atras que de atacar e marca-lo seu golito.