Crónicas dos partidos da tempada 2004-05

 

    16-01-2005    Silva 6 - La Factoría 0. Alineación: Campello, Míchel, David, Óscar, Chema, Owen, Iván, Moro, Vila, Dani, Pablo.

                           Pouco que contar deste partido na Laboral. Ben xogado dende o principio pola Silva, con un mediocampo acertado no pase longo, unha zaga que se bastou para dete-las acometidas do rival, a pesar das múltiples baixas, e unha dianteira con unha movilidade envidiábel, que, se non chega a ser por algúns erros puideron poñerse coma pichichis vitalicios na liga.

                            Unha primeira metade moi movida, ainda q tardamos máis de un cuarto de hora en marca-lo primeiro tanto. O primeiro foi obra de Pablo, mostrando a súa movilidade fronte da candidez da defensa rival. O segundo tras un gran pase de Chema a Dani, collendo as costas do lateral rival, e este último batiu de preciosa vaselina ó meta da Factoría. Logo de errar un penalti, Pablo colleu o rexeite do porteiro e remachou á rede para situa-lo 3-0. Partido solventado no descanso.

                            A segunda, con menos historia aínda, só serviu para q os nosos dianteiros seguisen ó seu, creando perigo, incluso o Morosubiu varias veces ó ataque tentando marcar un gol, pero non era o seu...Tras este recital chegamos cun 6-0 q ilustra claramente as diferencias entre os dous equipos.

                            MVP: Noutras circunstancias estaría difícil, pero esta vez é obvio q vai "aex-aequo" (para os q non saiban latín quere dicir "compartido") para os dous dianteiros titulares, Pablo e Dani, q partiron o bacallao no encontro.

                            A mellorar: Ía dicir q nada, pero hai unha cousa q non pode ser. No encontro había más afición q xogadores, incluso dous chegaron con máis de media hora de retraso alegando despistes varios. Non é tan difícil mirar o horario do encontro en internet ou chamar o dia anterior a alguén para preguntar. Se non estamos todos metidos non imos a ningunha parte.

Hosted by www.Geocities.ws

1