Crónicas dos partidos da tempada 2004-05

 

    26-09-04    Silva 3 - Transportes Di Carpe 2. Alineación: Campello, Moro, Nando, Óscar, Míchel, Bailarín, David, Alberto, Dani, Pablo, Juan.

                        Partido de grande altura o disputado no campo de Culleredo entre as peñas Silva e Transportes Di Carpe.

                        Cando só se levaban disputados dous minutos de encontro Pablo engancha unha pelota a pase de Dani na frontal e, con clase, aproveita para adiantar ós locais no marcador. A base de insistencia a Di Carpe conseguiu empatar o encontro cun magnífico tiro cruzado do seu dianteiro centro. Pero a Silva non se veu abaixo, contestando con contundencia o xogo duro do seu rival, buscando as bandas e a velocidade dos seus dianteiros. Nunha xogada moi protestada polos visitantes aproveitaron un balón medido dende o mediocampo, para q os atacantes Pablo, cunha deixada en paralelo, e Dani, resolvendo con frialdade, voltaban a poñer por diante á Silva.

                        A segunda metade foi un calco da primeira. Xogo brusco, seriedade defensiva e sen complicacións en ataque (excepto cando o balón chegaba a Juan, q a estas horas todavía non é consciente q o partido comezaba ás 10, aínda q ás veces aparecía, momento q o rival aproveitaba para montar unha contra). A tranquilidade chegou das botas dos q non erran; chegada de Dani á liña de fondo e remate cruzado de Pablo para poñer o tranquilizador 3-1 no marcador. O 3-2 final chegou no desconto, cando o Di Carpe aproveitou o único despiste defensivo da Silva, no saque dun corner.

                        A destacar o equipo Silva, que non a Peña Silva, que, desde o seu gardameta, ata o último dianteiro, deixando a Juan á marxe, xogou coma un grande. Contundente, serio, combinativo, SILENCIOSO, e, sobre todo, coma un equipo, presentándose coma un firme candidato a entrar na loita polo ascenso, ante un dos peores (se non o peor) dos rivais que un pode atopar nesta categoría, sobrepoñéndose á dureza do adversario, á lesión do Moro, á escasez de cambios, ao pailán da grada...a todo tipo de adversidades.

                        MVP: Meréceo, pese a non ser un xogador q luza habitualmente e non brile, tanto polas suas cualidades físicas coma futbolísticas, foi o mellor xogador do encontro máis complicado q xogou este equipo no que vai de liga. Concentrado, serio, solvente e eficaz. Éstes son os mellores adxectivos que se lle poden aplicar a un defensa cando o fai todo ben, e, neste partido, Nando cumpriu con todos eles.

                        A mellorar: A pesares de que somos o "Pitufiño´s Team" deberíamos poñer máis pelotas á hora de rematar a balón parado, xa que os riváis, normalmente, sempre marcan algún gol deste modo. Pouco máis a resaltar deste partido, o único que, CASUALMENTE, xogamos ás 10:00 e só apareceron 13 xogadores, cando nos anteriores acodiran 17 (2 goleadas). Agardemos que isto non sexa a clave entre loitar polo ascenso ou ficar en 3ª coma anos anteriores.

                        Comentario: Búscanse dúas pernas de 11 cms. de lonxitude e que calzan un 31, son as de Pablo, que foi un pesadelo para a defensa rival, ao que lle deron toda clase de patadas, agarróns, cabezazos... e provocou faltas que o "especialista" Juan encargouse de desperdiciar como mellor sabe. Cando David deixa a peonza na casa ata parece que sabe xogar a isto. Ah! outra cousa, Óscar, tio, fai algo mal, ¿non?, xa empezas a semellar pedante.

Hosted by www.Geocities.ws

1