Crónicas dos partidos da tempada 2004-05

 

    13-02-2005    Silva 1 - Cascabel 2. Alineación: Campello, Míchel, Óscar, Nando, Moro, Bailarín, David, Alberto, Lalo, Dani, Miguel Ángel

 

                           Fatal resultado dentro dunha peor segunda volta do Silva. Hai pouco que destacar dun partido con moi poucas ocasións, pouco xogo e moita igualdade. Seguimos a dous puntos do ascenso, pero estamos desaproveitando moitas ocasións de meternos nos tres primeiros lugares, e o peor non é só iso, se non que cada vez hai máis equipos implicados no ascenso.

                           A primeira metade foi moi intensa e igualada, con certos despistes do rival na zona defensiva, pero con poucas ocasións (por non dicir ningunha) para os ataques dos dous equipos.

                           Na segunda parte a cousa cambiou un chisco, pero non ó noso favor. Comezaron adiantándose os visitantes nun mal balance defensivo da Silva, Míchel tiña a dous rivais por cubrir e un deles rematou dende dentro da área por enriba da testa do gardameta local. Logo disto uns minutos de empanada local conseguimos o empate tras un gran saque de falta botada por Juan dende case o mediocampo, que o Bailarín só tivo q empurrar dentro da área pequena. Despois disto aproveitamos un pouco o aumento de moral acadado po-lo empate e unha xogada de Dani na área rematou con el no chan e un penalty ó noso favor. O penalty foi tirado desastrosamente por Juan e o porteiro rival case non tivo nin q esforzarse por recolle-la pelota. Despois disto non se soubo máis da Silva, nin frescos de ideas en ataque, nin decididos en defensa, nin tan sequera concentrados no partido.

                            E, coma tiña que pasar, chegou o gol rival tras un saque dunha falta por parte da Cascabel (prometo poñerme a mirar nas crónicas a cantidade de goles recibidos a balón parado, terei que enviarlle á NASA o estudio para que calcule a cifra final) e un xogador só detrás do lateral do lado contrario marcou de certeiro disparo.

                            Có partido perdido nin un mínimo de coraxe e orgullo para remontar, só para protestar e gritarnos uns ós outros, niso si que somos do mellorciño da liga. Xogando ó futbol somos de nivel medio, e animando ós compañeiros somos do peor.

                            MVP: Hoxe, máis ca nunca queda deserto. Podería darllo a alguén que amosase compañerismo, carisma ou ganas de mellorar, pero coma ese xogador non existe quedará esta semana en branco.

                            A mellorar: podería falar dos goles a balón parado, pero creo q o máis importante a mellorar é a moral do equipo. Cada vez é máis difícil remontar un tanto en contra, nos levan partidos marcándonos dous tantos, cando nós temos que marcar 3 ou 4 para gañar, e iso se debe únicamente á moral tan fráxil que temos.

Hosted by www.Geocities.ws

1