Crónicas dos partidos da tempada 2004-05
06-02-2005 Silva 3 - Bar H 1. Alineación: Campello, Míchel, Óscar, Nando, Bailarín, Lalo, Alberto, Chema, Juanjo, Dani, Miguel Ángel.
Entretido partido nunha xélida mañá de Febreiro. O encontro non comezou moi bén para os locais. O equipo rival tocaba a pelota e os locais non se aproximaban á portería contraria. Nunha falta inocente de Miguel Ángel próxima ó mediocampo o Bar H adiantouse no marcador tras un fácil control dentro da área e un disparo frouxo dende o punto de penalty. Outra vez tiñamos que remonta-lo encontro.
Tras un cuarto de hora comezamos a xogar un pouco máis, pero con poucos balóns claros para os dianteiros e moitas imprecisións para sacar a pelota dende atrás, debido a que só tiñamos un medio colaborando niso, e o outro xogaba moito máis adiantado. Cando se levaba xogado máis de media hora un rápido saque de esquina de Dani en curto a Lalo rematou un remate frouxo de Alberto tras o centro da nova fichaxe da Silva. O empate chegou nun momento moi apropiado, pois non atopábamos o ritmo do xogo, nin creabamos o perigo suficiente. Tras este gol nos enteramos de que o rival levaba todo o partido xogando con 10 e un novo integrante entraba no campo para acada-la igualdade numérica.
Pouca máis historia ata o descanso, salvo un grande disparo de Dani dende unha esquina que petou no longueiro e que puido servir para irnos ó descanso cun marcador inmerecido.
Na segunda metade comezamos moi ben, con moita movilidade arriba e chegando con certa claridade, aínda que sen ocasións demasiado claras. O gol que nos poñía por diante chegou gracias a un disparo tremendo enganchado coa esquerda dende fora da área por Alberto, que entrou pegado ó pau. Aínda indo en cabeza non conseguimos manexa-lo partido, o cal nos puido causar algún disgusto, se non fora po-la candidez da dianteira rival. Despois que o árbitro cortase unha xogada na que Vila ficaba só diante do gardamallas rival por non aplicares a lei da vantaxe. O interior esquerdo local, que entrara no campo pola lesión de Juanjo cobrouse cumprida vinganza cun tanto de pillería na área rival tras un centro de Lalo que Miguel Ángel no pudo rematar. Isto puxo ponto e final no encontro que non tivo máis historia.
MVP: Alberto. Po-los seus dous tantos en momentos providenciais cando o equipo estaba atascado e po-lo seu empuxe en ataque, aínda que non colaborou moito na creación do xogo.
A mellorar: Unha vez máis, un gol tras xogada a balón parado. Eu xa perdín a conta, pero é intolerábel que un rival controle unha pelota só no ponto de penalty tras unha falta sacada dende medio campo. Hai q espabilar...