Crónicas dos partidos da tempada 2004-05
20-11-04 Puerto Rico 2 - Silva 4. Alineación: Vila,patata, moro, nando, michel.Juanjo, Miguel angel, chema, owen,Dani, Catania
Partido con guión do mellor “thriller” americano, con suspense pero con ledicia final, que é o que conta, no verde pasto de Cachada, con un robusto equino de singular espectador (curmán do agredido por Catanha en Carnoedo).
O equipo visitante comenzou o partido có noutras ocasións moi saudable costume de sestear, o que se traduciu no 1º gol en contra aos poucos minutos de xogo nun corner, eso si, tempo máis que suficiente para que os nosos dianteiros errasen 4 ocasións claras.
Os seguintes 30 minutos foron unha constante empanada mental do equipo, que non acertaba nin tan sequera a controlar un balón nin dar 2 pases seguidos, có que a dianteira era unha illa en medio do océano, sendo a mellor ocasión unha falta indirecta botada por Dani que se estrelou na escadra. Nembargantes, ó final do 1º tempo, un balón controlado nas inmediacións do area por Dani, acabou en gol tras xogada persoal e tiro raso coa zurda ó pau curto do porteiro. Foi un gol vital para o equipo, pois permitiu chegar ó descanso con ilusións renovadas (o que non nos librou da pertinente bronca de David no vestiario ó grito de: “OYES¡¡ QUE COÑO PASA¡¡¡¡¡”)
A 2º metade foi outra historia, xa dende o principio o equipo saliou máis concentrado e foi a por todas, con moito xogo combinativo entre os centrocampistas e os dianteiros, como hai moito que non se via. O 2º gol chegou nuhna preciosa xogada al 1º toque Dani-Catanha con pase de este ultimo sobre a defensa para Dani, que batiu ó porteiro de vaselina por toda a escadra. A remontada era un feito, e aos locais non lles quedou máis remedio que abrirse e ir a po-lo partido, o que redundou en máis espacio libre para o Silva, que, nembargantes continuou sendo o dono do balón. A base de máis e máis chegadas seguiron chegando os goles, o 3º de Catanha tras xogada persoal na que se foi de todo (menos de copas) e batiu ó gardamallas de tiro raso, e o 4º do mesmo home tras empurrar á rede un centro á area de Dani, de esos que tampouco abondan moito.
Cando o partido expiraba, un inocente tiro da Puerto Rico foi empurrado á rede por VILA¡¡¡¡, tras rebotar no seu pé (hai que estar ahí para metelo), có que se chegou ao definitivo 2-4 no marcador.
MVP: A dianteira suplente habitual do Silva (Catanha e Dani), pois pelexaron todo o partido e foron os artífices da remontada tras un comezo dubitativo, demostrando que están á altura para cando se lles necesita, tanto goleando como asistindo.
A mellorar: A empanada inicial nos tería costado a pérdida segura do encontro ante un rival máis hábil, po-lo que temos que sair máis atento, sobre todo nas xogadas a balón parado, e, ainda que logo o equipo reaccionara moi ben, sempre é mellor non ir costa arriba, e menos ante o penúltimo da táboa.