Crónicas dos partidos da tempada 2004-05

 

    05-12-04    Meirama 0 - Silva 1. Alineación: Campello, Míchel, Paco Corredoira, Nando, Bailarín, Juanjo, Souto, Moro, Patata, Owen, Dani.

                       Penoso partido disputado na Laboral. Imos facer unha instancia para q non nos deixen xogar máis ahí, é estragar un bó campo coas nosas penosas cualidades futbolísticas.

                       A 1ª metade foi de tedio absoluto, na q só cabe destacar un par de boas xogadas de Dani. Na 1ª amarrou incomprensiblemente con Owen só agardando o pase para empurrala, empeza a ser un costume en Dani o de non pasa-la pelota en boca de gol. A segunda ocasión de Dani xa foi un gol, tras unha grande xogada de equipo a primeira e a última do equipo), comezada por Souto, q abriu para Bailarín, q centrou perfectamente a Dani, q enganchou unha boa volea para marca-lo único gol do encontro. Podería parecer q isto sería o comezo do fin do encontro perante dun equipo con tan pouca calidade coma o q tiñamos en fronte, pero, para variar, isto non sucedeu.

                       Despois do descanso todo segui case igual, o medio campo gañou algo de consistencia coa incorporación de Pastelito e o troco de posición de Dani cara o interior dereito, onde aproveita o seu físico moito máis q na dianteira.Tivemos nesta metade algunha ocasión de acabar co partido por parte de Juan, pero iso non é o  noso, nos gusta sofrer. Tampouco é que nos creara o rival moito perigo, pero, entre a nosa  inoperancia e o bó partido do líbero local, amosando unha tremenda velocidade e unha boa colocación, que fixeron que o marcador non se movera.

                        MVP: Só dous xogadores tiveron un certo nivel no noso equipo; Dani e Corri, pero o MVP é para este último, po-lo egoísmo de Dani nunha xogada clarísima e porque as súas intervencións en defensa foron primordiais para acabar co perigo creado polos rivais (que tampouco foi moito).

                        A mellorar: Pois, ademáis do de sempre, q non rematamos cos partidos cando é necesario, hoxe tamén acabamos desquiciados có árbitro, cando, nembargantes, foi unha das mellores arbitraxes que tivemos ata o de agora, menos protestar e máis aprender a xogar...

Hosted by www.Geocities.ws

1