Crónicas dos partidos da tempada 2004-05
24-10-2004 Independiente 5 - Silva 2. Alineación: Campello, bailarin, moro, nando,michel, dani, ivan, david, Catania, juan y pablo.
Severo correctivo ao noso equipo e segunda derrota da tempada no encontro disputado noutro dos estadios 5 estrelas da UEFA, Sésamo, no que para colmo caeron chuzos de punta durante grande parte do encuentro.
O equipo comenzou moi ben, adiantándose no marcador con un gol de CABEZA??¡¡¡ de Sergio tras un grande centro de Juan. Pero o rival era demasiado arroz para tan pouco polo, e a vantaxe do Silva foi un espellismo. Aos poucos minutos o Independiente deu a vuelta ó marcador, controlando en todo momento o xogo a base de tocar a pelota, que acostuma a ser a mellor forma de facelo. Só un bó pase en profundidad de David permitiu a Juan establecer de novo a igualdade no marcador, que se mantería ata o descanso.
Na segunda mitade, o Silva se adicou a defenderse pois o balón estivo en todo momento nos pés do equipo local, confiando o ataque a esporádicas chegadas dos interiores ou dianteiros mediante balóns en profundidade, que non fructificaron. Tanto chegou o cántaro á fonte, que o Independiente acabou acertando na meta rival de preciosa vaselina establecendo o 3-2. Tras isto, o mister del equipo moveu o banquillo, e sacou ó inútil de Dani do campo, pero o desenrolo do partido foi idéntico, marcando o equipo local 2 goles máis, un tras fallo do porteiro e outro tras trasformar un penalti cometido por Chema.
MVP: Juan, que voltou a ver porta có seu gol, e por o seu centro para poñer o gol de cabeza a Sergio, feito que non ocurre todos os días....
A mellorar: É unha mágoa adiantarnos no marcador e que nos terminen apalizando, tanto en resultado como en xogo. Noutras ocasións había excusa, pero hoxe, que saibamos, o vento non soplaba en contra ainda que non esteamos en Xunio.