Crónicas dos partidos da tempada 2004-05
07-11-04 A Grade 0 - Silva 4. Alineación: Campello, Míchel, Nando, Moro, Bailarín, Alberto, Chema, Dani, Sergio, Souto, Pablo
Partido sen historia no campo da Laboral. Unha mágoa desperdiciar este céspede con dous equipos tan malos.
Só houbo un equipo no campo, non se recibiron noticias q esclarezan o paredeiro dos dianteiros do equipo local.
Na primeira metade, xogada na metade do campo que defendía A Grade, só houbo un tanto, anotado por Pablo no un contra un tras un gran pase de Souto. Houbo ocasións para rematalo partido aqui, pero, coma sempre, non soubemos facelo. A sorte foi que este equipo non tiña capacidade para facérnolo pagar. Sergio, Pablo e Dani erraron milleiros de ocasións como para acadalo pichichi da categoría calqueira deles. Todo gracias á pasividade da defensa rival e ás boas triangulacións do ataque do Silva, comandado por Souto, que, cando se deixa de mariconadas, amosa que é capaz de move-lo equipo.
Na segunda metade caeron os goles, pero prácticamente por inercia, de feito caeron cando menos se buscaban. O segundo da mañá caeu nunha rápida xogada lanzada por Pablo, q viu un grande desmarque de Dani que buscou o oco no pau curto coa súa perna esquerda. Unha vez co partido xa decidido o A Grade adicouse a dar patadas (cousa que lles puxemos doada, co noso costume de non solta-la pelota) e, tras unha descomunal empanada da súa defensa, un rexeite caeu na testa de Iván q só tivo q empurra-la a gol. O cuarto foi un saque indirecto de David, q Juanjo controlou maxistralmente e Dani só tivo q empurra-lo balón cara o outro pau.
0-4 e pouca historia nestre encontro.
MVP: Pablo, unha vez máis, porque amosou que é capaz de crear perigo el só, que sabe soltalo balón, e que sempre da a talla.
A mellorar: Non se poden sacar conclusións deste encontro, quizáis a mesma da semana pasada, estes partidos hai q rematalos canto antes, non pode ser q nos foramos 0-1 ó descanso.