Crónicas dos partidos da tempada 2004-05
09-01-05 Fisiocentro 2 – Silva 0. Alineación: Campello, Míchel, Óscar, Nando, Moro, Chema, Iván, Souto, Bailarín, Sergio, Juan Ramón.
Prometía o encontro tralos 15 primeiros minutos perante dun rival q levaba 10 partidos sen coñecela derrota. Dominio total do balón, boas combinacións de medio campo cara arriba, algunha cegada con perigo (sobre todo de Sergio), etc. Pero todo rematou aquí. Nunca xogada aillada Sergio saltou totalmete só a polo balón e, na caida lesionouse no nocello, momento en q tivo q ser substituido por Owen e momento, tamén en q remataron as nosas aspiracións no encontro. Ata entón estivera moi inspirado, desmarcándose moito, buscando balóns por todo o campo… Logo do troco comezamos a atascarnos sobremanera, o cal nos fixo cegar ó descanso con só unha ocasión clara de Juan, q errou só diante do porteiro con todo a favor. O rival nestes 45 primeiros minutos tampouco incordiou demasiado, agás unha falta perfectamente botada q petou no longueiro (a pesar da oposición da nosa barreira de Pín y Pón).
Na segunda metade as cousas , aínda q parecía q non, si q podían ir a peor. Nunca xogada na q Óscar pisou mal tentando sacar unha pelota ó contraataque e escordou o nocello, o rival deu un pase rápido en troques de tirar o balón fora e quedaron nun 2 para 1 defensa q solventaron cun tiro raso, nun ejemplo sin par de deportividade e saber estar. O dianteiro q marco usó puido decir nun alarde de modestia “que más os da ganar o perder”. Se comenta q Blatter vaille dar a insignia de ouro e diamantes polo seu “Fair Play”. Xa có partido vencido, sen case argumentos, nin fútbol, para contestar unha carambola na nosa área rematou cunha man involuntaria do Moro, q o árbitro asubiou coma penalti e q o rival transformou. Dende aquí ó final só un tiro lonxano de Souto e outro de Juan un chisco antes do 2-0 aos q respondeu o gardamallas rival con dúas grandes paradas.
MVP: Hoxe estaba especialmente complicado, pero lle corresponde ó Moro, por moitas cousas, cumpliu ben en defensa, tanto coma lateral coma de central trala lesión de Nando e foi dos poucos q non se veu abaixo có marcador.
A mellorar: Hoxe no medio non creamos nada de xogo, aos dianteiros só se lles chega a base de pases longos, con poucas opcións, pq non somos especialmente bós nos desmarques, e case nunca sacamos proveito desas accións. Outra cousa, os interiores non só están para defender, en ataque podemos pasarlles a pelota.