Crónicas dos partidos da tempada 2004-05
18-09-04 La Factoría 2 - Silva 5. Alineación: Campello, Oliver, Nando, Pastelito, Míchel, Souto, Iván, Moro, Catanha, Dani, Juan
Segundo partido de liga disputado no patatal de Carnoedo. Resultado a todas luces insuficiente se se tén en conta as numerosas ocasións marradas por o equipo visitante, perante dun rival carente de recursos tanto ofensivos como defensivos.
Xa só nos primeiros 5 min o Silva poderia ter sentenciado o encontro debido á candidez da defensa e, máis en concreto, do porteiro, incapaz de elevar a pelota nun saque de porta. O silva por momentos pareceu contaxiarse da incapacidade do contrario, que a base de rebotes e carambolas conseguiu empatar o partido.
Chegouse ó descanso con un 1-2 a prol dos visitantes tras un disparo dende fora da area de Pastelito, que colleu adiantado ao “gardamallas”.
Na reanudación, o Silva se limitou a aguantar as acometidas do Factoria e sentenciar á contra, o cual consiguiu Dani por 2 veces ó marcar de rebote 1º, e de vaselina despois.
Os locales marcaron de novo nun tiro dende fora da area de un xogador libre de marca, pero Dani , robando un balón a un defensa, anotou o 5º para os locais, sentenciando el partido.
MVP: Sen lugar a dúbidas o porteiro do equipo contrario, o mellor dianteiro do Silva.
A mellorar: Eses dous rapaces que se pasan o encontro enteiro de brazos cruzados se chaman INTERIORES, e tamén xogan connosco...