Crónicas dos partidos da tempada 2004-05
23-01-2005 Di Carpe 3 - Silva 1. Alineación: Chema, Moro, Nando, Oscar, Michel, Juanjo, David, Ivan, Owen, Dani, Pablo.
Freo ás nosas aspiracións neste trascendental partido disputado de novo ás 10’ da mañán en Feans, campo paradigmático dos patatais e, de novo, cun arbitro escaso en vello capilar, Don Limpo (alo menos en tarxetas).
Dende o principio a Dicarpe saiu a po-lo partido, namentras a Silva aguantaba as súas acometidas como ben podía. O xogo no centro do campo era inexistente po-lo que os rivais camparon as súas anchas durante esta 1º metade do encontro. Era inevitable recibir un gol, po-lo que a os 10’ xa íamos por detrás no marcador tras un balón perdido por Juanjo nas inmediacións da área propia. Juanjo se convertiu de novo en protagonista ao recibir unha agresión do rival que desencadeou nunha tangana, có Moro á fronte, e que, incomprensiblemente, acabou cun apretón de mans, sen expulsados. Esta xogada foi determinante porque aos poucos minutos recibimos o 2-0 nun despiste defensivo, semella que algún todavía estaba a pensar na refriega. Ofensivamente, tan só destacar 2 ocasións claras de Dani, unha desviada po-lo porteiro in extremis, e outra mandada a tomar po-lo cú da portería tras gañar as costas á defensa. Bastante desquiciados todos chegamos ó descanso con un claro 2-0 na contra.
A 2º metade foi tamén controlada polos locais cómodamente, chegando os visitantes só en balóns colgados a causa de faltas, ainda que non se chegou a inquedar seriamente a meta rival ata os minutos finais, cando Pablo estivo a piques de inaugurar o marcador. Algo que consiguiu Dani ó aproveitar un pase en profundidade do Moro para batir ó porteiro (adiviña adiviñanza?à de vaselina). Quedaba pouco tempo pero 1 gol máis nos daba o ansiado empate, nembargantes, outra perdida na zona defensiva provocou o definitivo 3-1, resultado a todas luces xusto.
MVP: Sen lugar a dúbidas, o Moro, participativo, combativo e sen perder a cara ó partido en ningún intre. Unha grande fichaxe, sen dúbida.
A mellorar: É obvio, para marcar goles hai que xogar o balón, pero eso hai que facelo na área contraria, se non o gol cho marcan a ti. Tamén dicir que levamos 17 crónicas dicindo que hai que pasala canto antes mellor, pero visto o éxito, non imos gastar máis letras en recordalo.