Crónicas dos partidos da tempada 2004-05

 

    10-10-2004    Silva 3 - Bar H 4.Alineación: Campello, bailarin, moro, nando, michel, dani, alberto, david, owen, juan, pablo

                           1º derrota da Peña silva nesta liga, perante un rival que ainda que era teóricamente inferior, soubo adaptarse mellor ás circunstancias do campo e, sobre todo, ás meteorolóxicas.

                           O partido comezou moi ben cando o Silva se adiantou no marcador ó pouco de inicarse, algo que comeza a ser un costume, tras unha gran sistencia de tacón de Juan a Pablo, que marca de gran dereitazo preto da escadra. Tras isto e có vento a favor, o Bar H creceuse e a base de balóns en longo e saques de falta, endosoulle ó Silva 4 goles que serian una renta suficiente para levarse os 3 puntos. A candidez en defensa e falta de picardia á hora de sacar o balón xogado foron un lastre difícil de superar.

                            Trala reanudación, xa có vento a favor, o Silva intentou remontar o partido, pero o oficio do equipo rival, con pérdidas de tempo e gracias á permisividade total do “colegiado” o fixeron imposible. Pablo marcou o 2º e Juan case consegue o 3º  tras sacar un corner que se estrelou na cruceta. 3º tanto que si consiguiu Dani ó empurrar o balón dentro tras unha xogada idéntica á anterior. No derradeiro suspiro e caendo chuzos de punta, Juan tivo o empate puidendo empurrar ó balón a porta tras erro do porteiro ó blocar un balón, pero a defensa estivo atenta no corte.

                             MVP: Nun partido que non estaba para “artistas”, Michel demostrou coa súa loita e as súas subidas por banda  ser o xogador máis sacrificado do equipo.

                             A mellorar: Hai que saber adaptarse aos partidos, saber como sacar o balón cuando tés vento en contra, non poñerse nervioso nin rifar a pelota. Hai partidos que non os gaña o mellor equipo, se non o que aproveita mellor as debilidades do contrario, e hoxe o Bar H fixoo.

 

Hosted by www.Geocities.ws

1