Crónicas dos partidos da tempada 2004-05
19-12-04 Antaica 2 - Silva 3. Alineación: Campe, Moro, Óscar, Nando, Michel | Alberto, Iván, David, Dani | Miguel Angel y Juan.
Iamos quedar todos moito mais guapos e axeitados se, en troques de poñernos o traxe do equipo, vistímonos soamente cun tanga, para desputar a “pelexa no barro” das 12:00 h. en Uxes entre as peñas Silva e Antaika Eagles.
Ós poucos minutos de comezar xa se viron as claras as intencións de uns e outros; Antaika tentando xogar o balón e chegar mediante pases curtos, mentres a Silva arroupadiño atrás saindo á contra, así ós 5 minutos, Juan tivo nas súas botas a ocasión mais clara do encontro, pero estragouna pegándolle fatal ó balón (coméntase que acaba de recibir unha boa oferta por parte dunha empresa de excavacións). Pero na seguinte, Miguel Angel consegue anticiparse e peitear un balón en longo deixando a Juan so diante do porteiro significando o 1-0 para a Silva. A ledicia pouco durou, xa que poucos minutos despois no único desaxuste defensivo da Silva en todo o encontro, gracias a outro balón en longo, Antaika consegue o empate co que se chegaría ó descanso.
Na segunda metade, a Silva empezou a frouxear fisicamente pero sóuboo suplir cunha boa organización defensiva e con dureza (nalgúns casos excesiva) nas suas accións (seica a David tamén recibiu unha boa oferta dunha empresa de reparto). Pero ainda así, non nos esquecimos de xogar algo ó futbol, así, nunha preciosa triangulación, Alberto deixa, nun fermosísimo primeiro toque, so a Miguel Angel diante do porteiro, que transforma de xeito inapelable.
Coa Silva sufrindo mais que Juan vendo “El Club de la Lucha” (isto é unha mensxe subliminal) Dani agarrou a moto (ainda q mellor viríalle un Quad) foise do seu defensor, esquivou o porteiro e definiu con puntería moi escorado.
Pero… ¿Qué sería dun partido da Silva sen unha “Campellada”? Os Eagles sacaron unha falta dende un extremo que entrou botando polo 2º pau (3-2 final)…
Sufrindo más que unha muller para aparcar, conseguimos aguantar os poucos minutos que faltaban para sumar os quintos tres puntos consecutivos.
MVP: Non é xusto centrarse en Juan para elexir o mellor xogador do encontro (ya sabedes quien está haciendo la crónica :D) así que O EQUIPO merece un 10 pola entrega, disciplina táctica (si si, leedes ben) e sobretodo por saber xogar nas condicións que estabamos e explotar ó cento por cento os seus recursos.
A mellorar: Certo día, Efrén definiu, de xeito inmellorable, o significado da palabra pase... que alguén a imprima e a distribúa polo medio campo da Silva por favor…