|
Lingua
Lingua dos meus avós
que non falan meus
fillos
¿quén te fixo cal
fonte
xurdir dentro de
min?
Lingua que fuches,
eres
sangue do sangue,
terra
feita de homes, homes
do mar e a terra, lingua
corrente, nídia, escura
como o sol dunha sombra.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sobor da
súa muda dor
Miña nai, miña naiciña, como a miña
nai ningunha. Non nos quentou a cariña coa caloriña da súa.
¿Cómo, sen
chorar, chorou? ¿Cómo xemeu sen xemer? Miña nai morou sen
ver xardíns na súa nenez.
Sen falar, fíxo saber. Sen
dicirnos, amostraba. E cos seus labres contritos nos nosos lombos
pesaba.
Sobor da súa muda dor unha lexeira inquedanza, unha
traxedia inminente, unha pena dexergada.
Toda a vida nunha
cesta fora o xeito da viaxe. Mais polas cestas escorren
albas, sonos, deuses, mares.
¿Cómo viveu, sen viver?
¿Cómo gritou, se calaba? Morreu sen voltarse a ver nas
sombras do que deixara.
Miña
nai, miña naiciña, como a miña nai ningunha. Que nos esfriou a
cariña coas lagrimiñas da súa.
|
|
|
|
|
|