Como se fan unhas mordazas*

(Fotos e comentarios de Pedro Castañal Fernández)


* Mordazas ou mordaces s. f. pl. Pinzas de madeira que se utilizan para apañar os ourizos das castañas.
Sinóns. Morgazas, esbilas. (diccionario de Isaac Alonso Estraviz)


Elíxese a época do ano na que as árbores teñen o sangue baixando
(arredor de setembro ou outubro) porque se non escacharían.

   

O material será preferentemente castaño ou carballo, as outras madeiras non doblan.

   

O carballo será o preferido para a fabricación de aselas. Como en todo,
hai macho e femia; o macho escacha con maior facilidade.

 

Elixiremos unha peza o máis limpa posible, sen nós, evitando así posibles roturas.

   

As canas quéntanse nun lume feito con molido.

 

Cando a madeira está cocida dáselle uns golpes cun martelo para facilitar que se doblen.


Pelámoslle a carapela.

   

Só utilizaremos aquelas que non escachen ao doblar.

 

Aproxímanse cun coitelo e átanse coas carapelas.

   

Deixámolas así un día; podémolas meter nun furado da parede para evitar que reventen as carapelas pola presión.


Retiramos a carapela e xa están listas para usar. Gardarémolas atadas dun ano para outro.
Se perden forza só temos que mollar con auga a doblez.


Hosted by www.Geocities.ws

1