
Portada de El Agricultor (preme na imaxe para ampliala)
El Agricultor
Revista mensual editada pola "Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto". O primeiro n�mero saiu en
xullo de 1907 e continuou edit�ndose ininterrompidamente polo menos at� decembro de 1916, en total 114 n�meros.
A revista deixa de editarse en 1917 e reaparece en 1919 cun novo formato, sustentado con capital da emigraci�n americana. Actualmente cons�rvanse orixinais de todos os exemplares ag�s seis correspondentes
ao ano 1908 (marzo, abril, maio, setembro, novembro e decembro).
Os seus fundadores foron: El�as e Saturnino Santom� Santamarina, Manuel Mar�a Garc�a Castro, Venancio Gav�n
Gallo e Adolfo Rivas Gonz�lez. O director era El�as Santom� e a impresi�n realiz�base nos talleres de C�sar Gonz�lez-Seco,
en Mondo�edo. A revista tivo bastante influencia en Riotorto e concellos lim�trofes: Vilame� e Vilaoudriz (que hoxe
forman A Pontenova), Meira, A Pastoriza, Mondo�edo e Lourenz�. Hai que salientar que a "Sociedad de Labradores
y Agricultores de Riotorto" foi unha das primeiras sociedades agrarias que se crearon na provincia de Lugo.
O 16 de maio de 2007 presentouse a edici�n facsimilar de El Agricultor, que conta coa colaboraci�n da Asociaci�n Arrincadeira. A colecci�n consta de catro tomos que abranguen todos os n�meros que se conservan, e incl�e unha introducci�n a cargo do profesor Benigno Fern�ndez Salgado.