Artigo da Moura nº 1 de
1998
Breogán
nos Ancares: o racismo en Murguía
Manuel Murguía é hoxe
tomado como o pai da nova nación galega. Estamos nunha época en que os mitos
fundacionais son necesarios para todo, incluso en política, anque ás veces esta
forma de relación humana pareza demasiado aséptica. O flamante dirixente
popular, e presidente do goberno, José Mª Aznar bota man de Azaña; e o seu
proxenitor Manuel Fraga síntese fillo idelóxico de Alfredo Brañas. Pero isto
non é unha epidemia que ataca en exclusiva á dereita; xa en 1981 Juan Luís
Cebrián dende as páxinas de El Pais transportaba ó dirixente de II Republica ás
mentes dos votantes españois ó comparalo con Felipe González.
Nestas tesituras andamos, e dende
este reducto “celta” do N.O. peninsular ó que chamamos Galicia se aferran
algúns á historia para lexitimarse. O caso de Camilo Nogueira é archicoñecido;
pero o do dirixente rexionalista nacido en Arteixo quizás o sexa menos. Como é
de todos sabido, el é o que influirá nos primeiros nacionalistas, ó crea-lo
concepto de nación, dende un punto de vista liberal e progresista; chegando ó
P. Galeguista de Castelao e Risco. Máis a súa versatibilidade lévalle ó berce
do rianxeiro como ó do ourensán; anque non conpartan ideolóxías opostas. Isto é
así xa que Murguía diferencia a Galicia do resto do estado atandendo á historia
e facendo fincapé na etnicidade. A diferencia racial entre os galegos e os
“outros” é clara: Nós celtas, eles semitas; nós superiores, eles inferiores. Os
grupos humáns para nada son homoxeneos, hai claras diferencias, e por suposto
desigualdades. Os arios son superiores, e están destiñados a mandar; dende logo
a lectura de Gobineau deixárao perplexo (refírome ó “Essai sur l´inégalité
des races humanines”), aquí afírmase que os arios son máis nobles e están
mellor dotados para a cultura e as artes, neles obsérvase que é a etnia
perfecta, a que domiñará o mundo. En Europa os pobos cultos son os de sustrato
ario. Máis non só do francés se toman notas; de Mancini adoptará o concepto de
nación como unha sociedade natural de homes con unidade de territorio, orixe,
costumes, lingua,... pero porá énfase no elemento étnico como factor
nacionalitario, e así lamentará que non exista pureza racial ó haber fusións
coas razas inferiores romana e fenicia. O vigor celta-xermano é máis importante
que o semita, caduco e portador dunha cultura efímera. Pero non só afirma isto
atendendo á historia, senón que na época que lle tocou vivir e escribir (últ.
1/3 do XIX) vei ainda ós herdeiros do mítico Breogán; os celtas teñen anchos pómulos
e os romanos a barba arqueada. A gran familia humana ten diferentes especies; é
case imposible atopalos puros pola mezcolanza que fixo a historia, pero Galicia
é un reducto ideal para un etnógrafo: Os habitantes dos Ancares son celtas os
da Limia romanos. O Pai Sarmiento é o tipo ideal: Pómulos saintes, cabeza
redonda, iris azul.
Murguía é un antecedente claro dos
que hoxe reciben o nome de primordialistas puros; é decir, aqueles que poñen en
primeiro plano o poder dos datos do lugar; lingua, sangue, visión do mundo,...
e que arestora está prácticamente en desuso. El é un filántropo do XIX, e as
circunstancias que lle tocaron vivir moi especiais, e así as cousas, sería moi
inxusto xulgalo 100 anos a posteriori. No seu momento, a postura por el abanderada
era a máis progresista posible. Xa di o profesor Ramón Máiz nun artículo
publicado na Revista de Estudios Políticos nº 92, que o seu racismo non
é exclusivista; os celtas son a base étnica de Galicia e desta maneira
diferenciase dos “outros” que serían os semitas. O concepto de ario, lido en
1886 é moi diferente ó popularizado por Hitler coarenta e sete anos despois. As
teorías darwinistas están en voga, e como botón de mostra, valga o lido no
xornal El Progreso en 1898 pouco antes da firma do Tratado de París polo que se
cedía Cuba, Porto Rico e Filipinas a USA: “... la raza española está
degenerada, es de poca calidad devido a las influencias árabes”[1].
Tampouco Joaquín Costa quixo influir na reacción antidemocrática da II
República española, e fíxoo, ou Ortega y Gasset pensaba nun golpe de forza, e
pola contra durante moitos anos foi un exemplo de liberdade.
Cando Castelao fala dos galegos como
persoaxes de particularidades étnicas moi claras, tampouco o fai para exluir a
ninguén, mais os apodados como inferiores pode ser que non o vexan así[2]. Dende logo o lóxico no XIX é que os
albaneles do nacionalismo asenten as súas teorías en elementos
étnicos-culturais con orixes remotos; no caso galego isto é apreciable xa en
1838 coa “Historia de Galicia” de Verea y Aguiar.
Dende logo ninguén vai discutir que
o rexionalismo murguián é liberal; pero tampouco que o seu progresismo vaise
marchitando ó longo do tempo, e as súas ideas en 1916 son máis conservadoras
que en 1886. Sempre valorou negativamente a experiencia do Sexenio
Revolucionario; e si Brañas acaba caendo no carlismo el será un monárquico
alfonsino. Xunto a isto aclarar as súas posicións contrarias ás teorías de
Arana, Goiri ou Prat de la Riba; mais isto non o exime das tendencias racistas
que asoman na súa teoría. Acepta-la superioridade dun pobo atendendo ós
pómulos, ollos, capacidade craneal,... é ser racista, e si nun principio as
intencións non son exclusivistas, poden chegar a selo.
A quen teña a ben
considerar isto, para que nos deixemos de mitos fundadores; tódolos ideólogos
son fillos do seu tempo e das súas circunstancias, e a imaxinación inflúe
moito, máis que a realidade.
BIBLIOGRAFÍA
Ø
Beramendi / Núñez Seixas: “O nacionalismo
galego”. Ed. A Nosa Terra. Vigo. 1995.
Ø
Domínguez Castro / Fernández Bello: “Análise
semiótica comparada da ideoloxía nacionalista. Prat de la Riba e Murguía”. En “Estudios
de Hª Social”. Nº. 28-29. 1984. Pp.181-195.
Ø
Maiz, Ramón: “La construcción teórica de
Galicia como nación en el pensamiento de Manuel Murguía”. En “Estudios de Hª
Social”. Nº.28-29. 1984. Pp.133-147.
Ø
Idem: “Nación de Breogán: Oprtunidades
políticas y estrategias enmarcadas en el movimiento nacionalista gallego
(1886-1996)”. En “Revista de Estudios Políticos”. Nº. 92. Abril-Xuño.
1996. Pp.33-75.
Ø
Murguía, M.: “Historia de Galicia”. Tomo III.
Facsimil patrocinado pola R.A.G. 1978. Discurso Preliminar. Pp.3-224.
Ø
Risco, V.: “Manuel Murguía”. En “Arquivo
do seminario de Estudos Galegos”. Nº.VI. Santiago. 1933.
Pp.IX-XLVI.
Gustavo Hervella García.