j) Valora-lo desenvolvemento científico e tecnolóxico e a súa incidencia no medio físico e social; utiliza-las novas tecnoloxías da información e da comunicación nos procesos de ensino-aprendizaxe. m) Analiza-los mecanismos e os valores que gobernan o funcionamento das sociedades, especialmente no relativo ós dereitos e ós deberes da cidadanía; adoptar xuízos e actitudes persoais con respecto a estes. n) Coñecer e aprecia-lo patrimonio natural, cultural e lingüístico e contribuír á súa conservación e mellora, desenvolvendo unha actitude de interese e respecto pola dimensión pluricultural e plurilingüística, entendida como un dereito dos pobos e dos individuos. ñ) Coñece-las crenzas, actitudes e valores básicos da nosa tradición valorándoos criticamente. |
|
|||