1) Na aula de tecnoloxía instalouse unha alarma que se activa cando se detecta que se rompe unha das fiestras (Detector D1) e/ou se detecta fume (Detector D2), sempre e cando a porta da aula estea pechada (Detector D3 activado con porta pechada)
a) Fai a táboa de verdade e simplifica ó máximo a función lóxica.
b) Representa a función mediante portas NAND

2) Simplifica paso a paso o seguinte diagrama de bloques, determinando a función de transferencia.

 

 

3) Nun circuito hidráulico a presión do fluido que entra nun cilindro de simple efecto é de 200 kp/cm2, e o caudal é de 14 l/min.
  a) Sabendo que o rendemento da bomba é de 0,70, calcula a Potencia hidráulica da devandita bomba
  b) Se o diámetro do cilindro é de 9 cm, calcula a velocidade de avance do vástago, supoñendo que a forza que exerce o resorte réstalle un 15% da velocidade.

CUESTIÓNS
1)¿Para que serve un circuito combinacional codificador? Fai a táboa de verdade dun codificador de catro entradas.
2) Define:
  a) Perturbación
  b) Sistema de control en lazo aberto
  c) Función de Transferencia
3) Transductores de Temperatura. Cítaos e explica un deles.
4) Diferencias entre hidráulica e pneumática: Vantaxes da Hidráulica

Voltar á principal Primeiro ciclo da ESO Segundo ciclo da ESO Bacharelato tecnolóxico Departamento de Tecnoloxía Exames de tecnoloxía  
Hosted by www.Geocities.ws

1