PREGUNTA 1. Ensaio de tracción: Definición de tensión e elongación, xeito de realizar o ensaio, gráfica para o caso dun aceiro.


PREGUNTA 2. Contesta as seguintes cuestións:
a) Cita os factores e medios de temple.
b) Define aleación.
c)¿Hai nun diagrama ferro-carbono algunha aleación que chamemos eutéctica? (Razona)
d) ¿Cando dicimos que un proceso é adiabático?

PREGUNTA 3. Calcula o diámetro da pegada (huella) que deixa o ensaio Brinell sobre un material de bronce de 140 HB se empregamos unha bola de 10 mm de diámetro. Kbronce= 10.

 

PREGUNTA 4. O motor dun camión desenvolve unha potencia de 300 CV a 3000 rpm. A masa do conxunto camión + carga é de 10000 kg. Se o rendemento da transmisión é do 95 %, e o vehículo está a subir por unha pendente do 8%, calcula:


a) A velocidade máxima de ascensión en KM/h se as resistencias de rodadura e máis do aire son de 1400 N en conxunto.


b) O par en cada unha das rodas motrices se estas miden 80 cm de diámetro.


c) O rendemento térmico do motor se consume 2 kg de combustible de poder calorífico 35*106 J/kg cada minuto de ascensión.

Voltar á principal Primeiro ciclo da ESO Segundo ciclo da ESO Bacharelato tecnolóxico Departamento de Tecnoloxía Exames de tecnoloxía  
Hosted by www.Geocities.ws

1