Camiño de Santiago


O camiño de Santiago entra en Portomarín, tras cruza-lo río Miño, pola escada de acceso á capela de Santiago para logo dar coa fachada da igrexa de San Xoán, despois segue o camiño cara a Palas pasando por Cerámica, Cortapezas, Toxibo, Gonzar, Castromaior e Hospital. Neste tramo o peregrino poderá disfroitar dun dos mais bello sitio da ruta xacobea que neste concello extendese por un total de 13.500 metros de percorrido.


Ruta dos encoros


No encoro de Portomarín existe a posibilidade de facer un cruceiro no catamarán: O Pelegrín I que no seu percorrido chega ata o encoro de Belesar e ten capacidade para 70 persoas. (tno. de información:982-292908).


Ruta pola vila de Portomarín


Para percorrer o casco urban e os seus monumentos histórico-artísticos mais importantes, sobor de todo as igrexas de San Xoán e San Pedro.


Ruta Sendeiro Río Ferreira


Parte da vila de Portomarín e transcorre polos camiños que achegados o río Ferreira e lugares como Zazar, San Croio, San Fiz, O Barco, entre outros e onde podense contemplar varios muiños e pontes coma os de Lión, Cebre, A Pía e os montes de Vilermau, Ourol, Ferreira. A ruta pasa tamén pola casa de turismo rural de Santa Mariña onde poderase gozar de actividades recreativas como o senderismo, o cicloturismo, as rutas a cabalo e todo tipo de actividades acuáticas para, de remate, regresaren a Portomarín.


Rutas de cicloturismo


Rodeando o encoro de Belesar pasando por lugares coma Seixón, Vilarbasín, Bagude, Acebedo, Ferrería e Portomarín.


Ruta dende Portomarín a Paradela


Ruta de senderismo polo río Loio dende Portomarín ata Paradela.
No campo da artesanía existen algunhas industrias de cerámica en relación co aprovechamiento dos recursos naturais. Tamén teñen recoñecido alcume as alambiques, de fabricación artesanal, para a destilación do seu famoso augardente; do mesmo xeito elaborabanse os útis de labranza coma os carros, eixes e xugos empregados para traballa-la terra ou accesorios personais coma os tradicionais "zocos" elaborados coa madeira de "ameneiro". Gastronómicamente son de gran soa as tartas de Portomarín que podense adquirir en Ancano e que son parexas a tarta de Santiago aunque en xeral a repostería goza de moi bo prestixo. Destacan tamén as empanadas, as anguias e outros productos da terra e dos ríos do concello de Portomarín. Os viños da zoa tamén teñen gran proxección comercial pero sobor de todo o augardente que xa tomaban os peregrinos mollado co pan (a "parva") e que, teñen a sua propia festa de exaltación o domingo de Pascua: o día do Augardente. En relación coa Festa do augardente creouse tamén a Serenísima Orde da Alquitara que xa ten mais de douscentos cabaleiros investidos os domingos de Pascua, para promocionaren este importante licor.


Festas e Romerías


Día do Augardente de Portomarín o domingo de Pascua. Festas de Santa Isabel o primeiro domingo de Xullo, a de San Pedro e a do Santo Cristo o primeir domingo de Septembro. Domingos Folklóricos no mes de Agosto.

Hosted by www.Geocities.ws

1