LISTA DE TRAMPAS
Nesta lista
atoparedes, dentro das innumerables trampas que se fan hoxe en día, os máis
terribles enxendros que fabricou xamáis a enxeñería moderna. Son coches que,
ainda que conten con unha boa apariencia ocultan dentro de si a malicia elevada
ó máximo exponente, e que representaron un timo para os seus compradores. Ahí
vai:
-Volkswagen Golf Rallye. Aínda que declaraba 160 cv
mecánicos, en banco ofrece 139'13 cv ou máis ben cabalos domesticados, dito
automóbil sona a lata e non anda nada. Un auténtico representante da categoría
de "coches" que aquí aparecen, xa
que ó mellor pensades que bueno, que 140 cabalos tampouco están tan mal, pero e
que teñen que “intentar” arrastrar un peso de 1200 Kg, tarefa imposible polo
que o coche se volve lento de reaccións e moi aburrido en zonas viradas (onde
se ven os pilotos). A súa iluminación é moi defectuosa, e como único datos bos temos os frenos.
-Fiat Uno
turbo i.e. Moi a pesar do que o nome promete esta argallada nin anda nin
deixa andar. Este modelo pretendía competir co mítico R5 GT Turbo, pero conta
cun motor demasiado progresivo, sen comparación co rabioso R5 citado
anteriormente, ademáis, como vai a competir un "injeccion" cunha
máquina de carburación. Aínda por riba, conta cunha estabilidade e frenos
pésimos, ainda que esto é unha excusa para os pilotos de medio pelo, para un
auténtico piloto de carburación, lidiar con argalladas tipo Fiat Uno turbo non
é unha corrida, senón unha novillada.
-Fiat Tipo
Sedicivalvole, e para quen non teña nin puta idea de automobilismo
deportivo é o que se denomina en baretos que se dan de "racing",
Tipodieciséis. Dentro da familia Tipo éste é o máis trampa de todos sen dúbida
algunha, porque dase de coche deportivo, cando ten tanto de deportivo como la
familia Seat Ibiza, ademáis, ¿como pode pretenderse que sexa deportivo se pesa
máis de 1000 Kg? Ainda que non vos pensedes que todos os Tipo son trampas, xa
que coñécese da existencia dun modelo en A Pontenova conducido por Santiaguín
"xabarín" Fernández, equipado con un motor de carburación
comaosdantes, que aínda ontes saiu esgallando do Montes cando o animei, e eso
que ainda quen escribe estaba cheo coma unha burra.
-Familia Seat
Ibiza.
Cabecean, non andan nada, non teñen motor atrás... Son un cúmulo de decepcións,
a única alegría que pode causar foi a debacle dos primeiros Tdi, ós que lles
rebentaba a culata, do cal nos alegramos, porque non hai que olvidar que os
motores diesel son para as calefaccións e para os tretores.
Xa dende os Sxi
que contaban con tan só 100 cv e pesaban máis de 1000 Kg (con ese cabalaxe para
que o coche fora mínimamente ben, non debería pesar máis de 450 Kg) ata os Gti
16valves dos que había antes de agora que contan con 130 cv e un cambio lento e
impreciso. Ademáis é curiosísimo que estas trampas sexan un dos coches máis
admirados polos "enteradillos" especialmente os Cupras e os Tdi's,
ehjjjj, danme gañas de vomitar.¡¡¡¡¡VIVAN OS TRACCIÓN TRASEIRA!!!!!
-Suzuki Swift Gti. Afortunadamente non se ven moitas trampas destas polo mouro. Cando afrontas unha curva neste argallo compórtase como se estivese gobernado por un eixe imaxinario que une a roda interior dianteira coa exterior traseira, facendo o que lle da a puta gana, este coche non o leva nin Victor "vou cheo de ir de costado" Magariños.