TITI POR FIN PAGARÁ

Despois de ano e medio (mes arriba, mes abaixo) Titi saldará as súas débedas, as cales contraeu no Raili San Froilán 98, no que un grupo de aficionados, entre os que nos incluimos (en total 8 persoas) foi requerido por dito "elemento" para a organización do parque de traballo no Reguengo (A Pontenova). O paisanín este, resulta que nos prometeu "el oro y el moro" en materia económica. Non queremos que pensedes que a nosa única motivación era monetaria, xa que todos nós fariamos a laboura de balde, o que non nos gustou foi que incumplise a súa promesa, e ademáis non contento con iso varias veces nos viu e fixo coma se non nos coñecese de nada.

En consecuencia optamos por facer pintadas en alusión a dito tema no Raili San Froilán 99, e máis concretamente no pobo de onde este tipejo é originario. Segundo nos comentou xente que foi ó raili, as pintadas víanse moito e estaban nas curvas máis concurridas. Tamén dicir que a maioría da xente que sabe esta historia apoianos.

Como xa debistedes deducir, pois seguro que sodes bastante listos (por estar nesta páxina), a día de hoxe este energúmeno aínda non pagou, e tampouco contamos con que o faga. Pero non se vai librar de nós, pois seguiremos denunciando en todos os railis e nesta páxina web, que chegará a todo o mundo mundial, a súa indecencia e irresponsabilidade.

TITI, PAGA E CALA!!!!

Hosted by www.Geocities.ws

1