PEDREIRA OFICIAL
Francisco Javier "que ben se come na miña casa" Pedreira e Merche "quen me dera ser o teu carnet de ruta" Bouza ocuparán o lugar deixado polo piloto basco Iñaki Goiburu no asento do Saxo Kit Car oficial de Citroën Hispania. Esta información, que aínda non se fixo pública, foille confirmada á redacción de
Pistón Bermello o día 1 de Xaneiro ás 2:30 da madrugada (noite de fin de ano) pola anteriormente citada copiloto do equipo. Segundo declaracións de Merche: "Treme Puras, este ano non tes nada que facer, o nacional é noso".Dende
Pistón Bermello, todo o noso apoio!!!!