EN STA. PELONIA SOBRAN COJONES!!!
Está ben, supoño que, oh curioso lector, preguntaraste a qué ven este titulo tan contundente, pois non vos pensedes que é unha das tantas cousas sen sentido que neste fanzine podedes atopar.
Comecemos, entón, por poñervos un pouco ó corrente da situación do equipo Sta. Pelonia Racing, orixinal nome, eh!
Resulta, pois, que os pícaros do citado anteriormente equipo de railis tiveron a ocurrencia de mercar un novo coche para competir, pero non para sustituir ó xa máis que coñecido e infernal Seat Marbella (remitirvos senón á proba racing do númaro 2), senón para que cada un dos dous irmáns poida facer das súas por separado.
Tiveron que pensar entón en fichar sendos copilotos, elixindo Oscar a Rubén de Recedente. Pero a elección de Pipo non foi tan fácil, en principio pensou en Belenx ou en Juanx. Belenx non accedeu por motivos que non procede desvelar aquí, e Juanx dixo: "é que non me deixan na casa", hai que ser ben tosco!
Aínda despois desta infructuosa búsqueda de copiloto, Pipo non desistiu e, non sabemos moi ben se por efectos do alcohol inxerido (foi o sábado 11 de Xullo á noite no Ancla en Ribadeo a eso das 3 da mañá) ata aquel momento ou porque lle sobran cojones, falou con Santiaguín "xabarín" Fernández. Dicir que Santi aceptou case ipso facto, vai haber que apartarse, pois fóronse xuntar a fame coas gañas de comer!
Se a historia acabase aquí, bueno... chegaríalle ben, pero tampouco sería para tanto. Pero non contento con iso, Pipo tivo a feliz idea de pedirnos que, se as cousas seguían así, fosemos de asistencia! Si, si, léstedes ben! Imaxinádevos ós Morapios, Isaac-primo, Juanx, o abaixo firmante e outros tantos elementos polo estilo co furgón de asistencia ou nun coche de apoio!
Por suposto nós accedimos ilusionadísimos, Frenando Morapio alegrouse porque no furgón, quitando a maior parte da ferramenta, vainos coller a ostia de comida, e a lona vainos vir de carallo para deitarnos a durmir a siesta nun campelo.
Sen dúbida, aquí hai un clarísimo exemplo que ratifica o tópico de que os pilotos de railis non teñen moito sentido...
Pero tranquilos, aínda non acaba a cousa aquí. Hai que mencionar, a modo informativo, que o cohe que mercaron é un 205 Rallye con barras pero motor sen facer. Supoño que xa vos estades imaxinando a seguínte animalada que se lles ocurriu, si, si, jaja, levárono a preparar a "Troitiña Sport".
Está máis que claro, en sta. Pelonia sobranlles cojones, e moitos!
Pirilla Diabólica