PROBA RACING:
BMW Carreirachá vs. Seat 600 E de Frenando
Bueno, como podría comenzar esto? Para comezar, dicir que esta é a proba máis racing que levamos feita na corta andaina de Pistón Bermello, por fin probamos dous caldeiros como é debido!
O BMW de Carreirachá é un 316
carburación que, por certo levou tres chapeadas ben gordas por culpa do pai que
iba ben cheo. O Seat 600 comprouno
Frenando de Morapio despois de enganar a un
tipo pillado de cartos e que ten a Peugeot no Valadouro, lástima que no mesmo
atraco que cometeu non poidese levar tamén un seguro, que por certo, aínda
segue sen el.
A proba efectuouse no polígono, e saíndo os dous coches de lado dunha curva, en paralelo, apareceu un paisano intentando imitarnos, facendo o máis absoluto dos ridículos. Este individuo era M. nun Golf trampa Rallye, bueno, esto é demasiado evidente, era Modesto nun coche rojo.
O probador oficial foi Isaac, pero
Isa-primo, non Isaac "la cabra humana". Dicir que, como bon piloto de
Pistón Bermello, os coches non foron dereitos nin estando parados. Estaba
chovendo ás concadas, pero Sá-primo é o único piloto que vai máis rápido
en mollado que en seco.
Na mesma proba tamén nos atopamos cun coche cheo de plásticos de color blanco. Ó volante iba un piloto de railis que di que dende que corre en railis xa non o fai na carretera, que se picou tamén, pero como a trampa que comprou non se acanea, Isá-primo puliuno sen dificultade, pois este piloto de pacotilla non ten nin puta idea de guiar.
Comentarios de Isá-primo ó remate da proba:
-"Es bien tosco!, Eres máis
fato que Luis de Miranda!, Apártate maricona! Vamos tomar un viño!"
Como podedes ver, este probador non sabe nada, así que tivemos que darlles unhas voltas Jorge do Reguengo e Pirilla.
Os dous coches van coma dúas sedas, desbordan carácter deportivo do de verdade. Auténticos tracción traseira capaces de devorar asfalto igual que Jarrillo pinchos no Rio Eo. Aínda que postos a escoller preferimos o 600 porque "tira más en bajos", e levas o motor atronándoche os oidos, algo moi importante neste tipo de vehículos.
Tamén hai que ter en conta que o 600
non tén seguro, co que dá moito máis morbo conducir xogándote a túa vida e
a dos demáis. Xa nos tarda que Frenando Morapio lle poña o motor Abarth e o
escape lateral, aínda que vendo o badulaque que é para o seguro, iso vai
tardar moito en ser.
Carreirachá defendeu o seu coche porque dixo que aínda o último sábado que fora a Ribadeo, ben deitara da súa máquina germana para escapar do mozo dunha co que se enrollou alí. Dicir ademáis que os susodicho era vecín e coñecido de Carreirachá, incluso amigo, pero por respeto non vamos dicir que era Fufo, uy!
A redacción de Pistón Bermello