Moito falar pero ...

Si, si... moito falar de que todos somos unhas maquinísimas ao volante, de que trazamos mellor ca ninguén, de que nos leva 8 minutos 32 segundos e 51 décimas ir de X ata Y (Gracias O.B. por este novo formato de competición) pero á hora da verdade NINGÚN (si Juanx, liches ben), ningún dos integrantes de Pistón Bermello ten un coche adecuado ás súas capacidades automobilísticas (é dicir, ao moito que botan por ela).

Dada esa fulgurante necesidade de coches permítome o luxo (que tampouco é tanto luxo) de aconsellar a algún dos Pistóns o coche que deberían ter dende a miña sinxela, que carallo sinxela!! dende a miña REPUTADÍSIMA opinión:

Xurxo do Reguengo- A pesares d estar valorando seriamente (jaja, Xurxo e seriamente na mesma frase) a adquisición dun caldeiro francés (que pouca vergonza, darlle cartos ós gabachos que saquean os nosos camións de frutas, Viva España!) e de ser (de sempre) un enamorado dos 124, eu aconsellaríalle un Smart. Non!, non me equivoquei escribindo porque Xurxo é o  1º que pasa o día botando por ela e criticando aos que non fan conducción deportiva e o certo é que o seu ranking de esgalladas, aceleróns en vacío, tiradas de freo de man e demáis coinciden nun nº, o 0 (cero) (que é tan grande como a perrecha da zafia, verdad Juanx?). Por iso o Smart é coche máis que suficiente (dada a súa sencillez no cambio, dimensións reducidas...) para que se inicei no mundo da conducción deportiva.

Pirilla Dibólica- Pirilla é un entusiasta das caixas de cerillas (ten un AX e rabea por un GT Turbo), sen embargo para correxir a súa conducción un tanto brusca e a súa tendencia a abusar das reduccións de 3ª a 2ª aconséllolle un Seat Arosa SDI, que sigue sendo unha caixa de cerillas pero os seus pais agradecerán os seus mínimos consumos nesas reduccións tan tolas e a súa brusquedad será corrixida por la fantástica dirección asistida (de serie, ojo!)

Xose Lois- Non pretendo ofenderte (ou si?) Xose Lois, pero por todos é coñecida a túa fobia ás altas velocidades (así coma a túa afición ás tetas grandes). Por iso aconselloche un Suzuky Samurai 1.1, paradigma das escasas velocidades e se ben é un "pelín inestable" (aínda que a velocidades máis altas do que tu o levarías). Contrapréstase cunha gran seguridade en caso de impacto (dada a gran dificultade de que o seu chasis ceda)

Carlos Morapio (EVOII)- Non vou caer no error de aconsellarlle nada á persoa que máis sabe de todo neste mundo.

Potes- Namáis, a Potes non lle fai falta nada máis. É un dos poucos Pistóns que pode presumir (ademáis dunha irmá moi guapa e moi boa cociñeira) da súa pericia como piloto (sobre todo no tramo Pontenova-Riotorto) no que non lle da feito nin Pirilla coas súas notas (que son boísimas por moito que lle fodan ao presumido de Juanx). Estamos a crear unha plataforma para impedir que Potes consiga comprar o seu anhelado Mini Cooper, dado que coas súas Foritas (ambas diésel) xa mete moito medo...

Frenando Morapio- Dada a súa nula capacidade como conductor xa ten o que se merece (un coche sen seguro que só lle sirve para ir e volver ao Campo da Mina)

Isá-Primo- Xa que está cachas o único que se me ocurre recomendarlle é que se compre a carroceta de Potes pra exercitar os seus xa de por si nutridos bíceps.

Santiaguín- Consello demasiado fácil este, xa que o único que ten que facer é engadirlle ao Fiat un arado XM-614 (financiado a partes iguales por el e polo dono do Prado de Santirso) para que as súas trazadas ademáis de ser tan espectaculares sexan productivas para o cultivo de remolacha.

Juanx- Non, Juanx, non che vou aconsellar nada porque total lnon distingues o teu 306 XRD do GTI que pensas que compraches (era boa!!!). Si, si... moito enterrar en cartos á xente, e ahora que? eh? que pasa non 2002 ca entrado do Euro? Non Juanx, convéncete!! non vás a enterrar en cartos a ninguén porque todo o diñeiro negro que tés vai ir pa Pravia. Aproveito tamén este artículo para facer unha serie de reivindicacións (algunha a título personal, algunha a título colectivo) á persoa de Juanx:

1- Gustaríame/nos saber donde están as 20.000 pesetas que nos estafache. Como solución propoño que nos cedas o teu 306 XRD e unha leira xa que o 306 non vale nin esas 20.000.

2- Que sepas que vou mandar un escrito a Ferros Alonso coas actas de asistencia de Empresariales, para que vexan Juanjo e Angelines o moito (pretendía ser sarcástico) que traballa o seu pimpollo. Adxuntarei tamén probas audiovisuales (testimonios de profesores, ex-compañeiros...)

3- Que sepas que eres un auténtico irresponsable e que é a última vez que teño que andar toda a noite carretando un vaso teu porque e pós coma unha mona e andas ríndote mentras lle dás cabezazos ás paredes (véase PUB GASTEIZ)

Por último e permitíndome (porque eu podo permitirmo) caer en contradicción vouche aconselar un coche en consonancia coa túa pericia (¿?) ao volante e a túa (auténtica) capacidade económica: Citroën AX 1.4 TRD.

Montxón- Recén incorporado aos colaboradores de Pistón Bermello. Non me vou meter moito con el (a pesar de que non fai máis que recordarme o rallante que son, xa que ten aunha cualidade extraña nos Pistóns: Non bota por ela no que ás súas cualidades automobilísticas se refire (falta lle fai...) Si acaso, e pa non perder a costumbre, recomendaríalle un Citroën Saxo Kit Car para que tuzaree algo e perda a idea que tén dos railis (xa se sabe, andar cheos todo o día).

 

Ivao da Carroescola

Hosted by www.Geocities.ws

1