INTRODUCCIÓN
Boas, fieles seguidores de Pistón Bermello.
Voltámonos a ver tras un breve tempo de espera. Como podedes ver o númaro 3 xa está disponible para todos vós, e con él as burradas e toscadas que nos veñén caracterizando dende o primeiro númaro. Iso si, poderedes comprobar á súa vez que o Pistón está máis bermello que nunca. Dende o suposto posto de redactor xefe vinme incapaz de poñer freo ás perversas e malévolas mentes dos integrantes do equipo de redacción, saíndo así á luz unha serie de artigos que... virgen! nunha destas alguién nos vai denunciar.
De todos modos, e poño a man sobre o lume, pódovos asegurar que ningún destes artigos foi escrito co ánimo de ofender de forma grave a ninguén. Xa sabedes, hai que meterse con alguén, e alguén lle ten que tocar... Tamén poñervos ó corrente de que en Pistón Bermello non estamos a favor de métodos violentos ou xudiciales para resolver as diferencias que poden causar as opinións, bueno burradas, aquí expostas, senón que o método polo que avogamos é o do contraartículo. Así que xa sabedes, ó igual que nos máis que coñecidos programas basurilla da TV hai un teléfeno de aludidos, aquí o que podes facer é escribir un artigo no que expreses a túa opinión acerca do tema, ou como se queres poñernos a parir, ou concretamente ó redactor do artigo. NON TE CORTES!!!
En fin, tendo en conta que estou escribindo esto un sábado pola mañá cunha resaca criminal, creo que xa superei a miña capacidade neuronal, estame empezando a fumear a cabeza e teño medo a que prenda por culpa do alcohol inxerido. Sen máis, disfrutade deste númaro 3, Máis Pistón Bermello que nunca!!!
Pirilla Diabólica