A VERDADEIRA HISTORIA DE LUIS "PIRILLA DIABÓLICA" MIRANDA
Numerosa xente nos escribe preguntándonos cal é a orixe do nome de Luis Miranda, así que imos pasar a rebelala.
Señoras y señores: A verdadeira historia de Luis "pirilla diabólica" Miranda.
Ibamos un día Jorge e eu no
Golf Trampa Rallye hacia Riotorto (agora Issac-primo non ten mozas alí tampouco),
e o coche, coma sempre, ía fallando, fenaba mal, non se tiña... Cando
estabamos a punto de chegar a unhas enlazadas esquerda-dereita, cun bote na 1ª
curva, e de repente escoitamos un ruido infernal. E, antes de darnos conta, un
Renault 5 Gt Turbo, co motor atrás, baquet central e un escapísimo cuio fume
formaba a frase "algún día amarás al peligro", xa nos adiantara
pola esquerda, collendo o bote, descolocándose e entrando na dereita todo do
revés (por suposto controlando a situación).
O único que puiden ver do chófer era que levaba a pirilla ardendo. Daquela mesmo o Golf Trampa Rallye parou, Jorge e eu mirámonos e él díxome: "era Luis "pirilla diabólica" Miranda, esentindo eu coa cabeza.
No seguinte nº de Pistón Bermello poderedes saber a 2ª parte da historia, e como pequeno adianto, dicir que sae Isaac-primo cando aínda tiña mozas en Riotorto.
Juanx do Violo