Por fin aprende!
Por fin Diego Vallejo compra un caldeiro
Despois
de moito ensinarlle, Diego fixo a mellor compra da súa vida (despois da súa
muller): nada máis e nada menos que un Dodge Dart GL. Este é un dos caldeiros
máis curiosos en Pistón Bermello, pesa muchísimo, é moi grande, pero
gañouse a súa inclusión na lista de caldeiros gracias á súa mítica fama de
coche falso. Pode alcanzar unha velocidade punta do orde de 180 Qm/h, pero a 80
xa dá moitisimo medo, incluso para os pilotos-Pistón Bermello.
Non contento con esto, Diego Vallejo creou o Dodge Dart club Galicia, con sede en Meira e cun só integrante, como en Ribadeo cando existía o "A muerTeam" e contaba cun só integrante.
Este individuo comezou a
vislumbrar o mundo dos carburadores cando Pistón Bermello se empezou a rir del,
e das súas antigas ideas de que son mellores os coches de agora que os d'antes.
Ainda recordan os integrantes da redacción de Piston Bermello cando falabamos
con él de grupo B na casa de Juanx, e el de tosco defendía Kis Kar frente a
estas auténticas máquinas. Pero pouco a pouco foise integrando no auténtico
mundo do automobilismo deportivo de verdade. Así, comezou a interesarse polos
clásicos, e deuse de conta de que levaba moitos anos desperdiciados con
verdadeiras trampas. E para intentar gañar tempo non dubidou en comprar un
Dodge Dart, e fixo ben, xa era hora!!!
Ademáis esta compra serviu para que Noelia estivese máis contenta con él, pois gústanlle moitísimo os clásicos.
Alegrámonos de que as nosas ideas e ranceadas, todo sexa dito de paso, sirvan para que a xente abra os ollos ante unha dimensión aínda descoñecida para os típicos enteradillos 16valves y demás. Ala!
A redacción de Pistón Bermello.