JUANX XA TEN COCHE NOVO

Si, como xa veriades no nº 2, Juanx vendera o Golf trampa Rallye e pedía a vosa axuda para decidirse polo seu novo coche.

Miles de e-mails chegaron á nosa redacción aconsellando ó pícaro qué comprar (a dúbida principal estaba entre o ZX 16V, 306 GTI e o CIVIC VTI VTEC), quedando así a votación:

1º) O Honda Cívic que levou a maior porcentaxe de votos con case o 50%.

2º) O Citroën ZX que era o coche que máis lle gustaba a Juanx, cun 30% de votos.

3º) O 306 GTI cun 20%.

O resto dos votos correspondeu a coches como o AX 1.4 TRD, Suzuki samurai, ... xente que non sabe nada de coches.

Como xa sabedes, Juanx estaba obligado a comprar o coche que máis votos levara ( o Civic neste caso), pero ó final tivo que  mercar o 306 por que era o que lle gustaba ó pai, e como foi él quen pagou... non ía andar en caralladas de votacións, trouxo o que lle deu a puta gana, e fixo ben!

A pesares disto, moitas gracias pola vosa colaboración.

 

 

 

 

 

A Redacción de Pistón Bermello

 

NOTA:Suxiro que vos fixedes no cocho que ten o coche Juanx, moito 306, pero porque traia nonseicantos cabalos e ande moito, hai que lavalo igual, porco!!!

 

Hosted by www.Geocities.ws

1