A traición de Carreirachá
Produciuse un atraco máis grande co de Modesto
Incrible! ¿Como se pode ser tan palleirán?, merece a pena vivir?, etc... Expresións deste tipo son as únicas que se me ocorren para explicar o de Carreirachá.
Este personaxe, antigo colaborador de Pistón Bermello, (e digo antigo porque decidimos botalo) cometeu o maior erro da súa vida: chufar o Málaga Inllección. Si, si, non lestedes mal. Pero vaiamos por partes:
A historia comeza na Feira de mostras de Vegadeo. Nesa tarde de resaca, Carreirachá comentoume: "Penso que comprou meu irmán un 124". Eu, evidentemente, intereseime polo tema, anque logo me din conta de que era unha coña. E pasaron os días e, unha semana despois diso sáltame: "Comprou un Málaga Inllección, pero confundino cun 124" (¡!) Incrible!!! Confundiu O Mito, O Rei, O Máximo cunha trampa de Málaga Inllección...
E aínda non contento con iso, empezou a chufalo, que se ia moi ben, que se era guapo, ... Por menos hai xente no cárcere!
E
chegou o día de probalo, a petición do propio Carreirachá. Desta vez, e
excepcionalmente, decidimos non probalo en carretera estreita, de curvas e con
ben tráfico, senón levalo dende A Pontenova a Vigo. Decir que ibamos a Vigo
para ver á moza de Carreirachá. "É algo puta, pero é boa pícara",
coma el mesmo di.
En fin, despois de botar unha pota antes de entrar no coche debido á súa noxenta liña exterior, subímonos nel e miramos o cuadro: ¡Os númaros están en naranxa! Igual nun concurso tunin se levaría todos os premios, pero Pistón Bermello, e especialmente Jorge do Reguengo opinan que é unha horterada e, coma sempre, temos razón nós.
Unha vez na carretera, que dicirvos..., nin sequera eu fun capaz de levalo algo rápido. Mal de freno (de man), mal de suspensión (muelleboli), mal de motor (inllección)... mal, mal, moi mal! E Carreirachá aínda defendeu nel: "Pois non sabedes o amplio que é para foder coa miña moza de Vigo".
Unha vez chegados ó destino alegrámonos de poder baixar desa trampa (por certo, os asientos son incomodísimos) e de mexar por él cando non nos viu Carreirachá.
Por certo, ese día comentounos algo moi extraño: cando foi buscar á moza ó seu piso, atopouse cun pontenovés alí. "Non, non, dese non desconfío, desconfío máis do seu irmán que ten 9 anos pero é máis listo co seu irmán de 22"(?). Tamén nos extrañou que, cando chegaron onda nós, Carreirachá viña sorrinte, e a paisana viña cunhas estrañas manchas na cara, estaría enferma...
En fin, esta é a historia. Como vedes fun moi xeneroso tanto co Málaga como con Carreirachá. Ó fin é o cabo, un deles non me cae mal de todo. De aquí en diante, Carreirachá formará parte do grupo de paisanos que son motivo de mofa e befa en Pistón Bermello, coma Moisés "cabanón sen vexetación" Carballeira, O.B. (O Bolaño), Modesto "o enculado chairego", etc...
Jorge do Reguengo