Txus "todo por la napia" Puras confésase
"Só Pistón Bermello pode publicar isto"
Como ben sabedes, Txus "todo por la napia" Puras é un dos pilotos con mellor palmarés do automobilismo deportivo. E como seguro que tamén sabedes, este ano está tendo dificultades para conseguir vencer.
Este feito chamou moito a atención dos medios de prensa oficiais ó servicio dos poderes mediáticos e non ó servicio dos verdadeiros aficionados e expertos. Nestes medios de prensa reiteráronse opinións e informacións de todo tipo: que si Puras ia vello, que se ia mal o coche..., en fin, todo tipo de opinións, todas elas sen contrastar, e co único fin de crear confusión.
Nós, en Pistón Bermello, sempre optamos por pasar destes temas e preocuparnos polo que realmente interesa: a eliminación do diésel, o retorno dos carburadores, etc... E por iso nun principio, cando chamou Puras á redacción para que lle fixeramos unha entrevista rexeitamos a invitación. Pero dixo as palabras máxicas: "Vide, oh! que vos invito a merendar [...]". Aínda ben non colga o teléfano, xa estabamos alí.
Presentámonos Luis "pirilla diabólica" Miranda, eu e Xose Lois, o redactor encargado do "Rincón de Xose Lois". Despois dunha suculenta merenda, cada un escolleu o que facer: Sosé Lois foise deitar ca muller e a criada de Puras (este semental dá para iso e moito máis), Luis "pirilla diabólica" Miranda foi facer trompos co Xsara de correr e Puras e eu fómonos encher a un campelo.
Cando chegamos a ½ botellada de güisqui, Puras empezou a "ladrar": "E que verás, resulta que eu só guío ben estando enfarlopado". "Eu tiña un camello moi bo, que incluso me fiaba, pero o que pasa é co meteron na choupela". "Desde aquela eme moi dificil pillar". E agora di: "Mismo no último raili que corrín, o de Ourense, no dera pillado pola mañá, menos mal que no parque pechado pola tarde estaba ó lado dunha barriada de chachos, que se non..., a partir de entón os tempos comezaron a mellorar, ata conseguín gañar o raili".
En definitiva, xa vedes o que hai! E como o mesmo Puras di: "Isto só o pode publicar Pistón Bermello: o único fanzine de automobilismo deportivo de verdade". E pouco máis hai que contar. Ó final, cada un fixo o seu balance: Xose Lois dixo que "vai mellor a criada cá muller", Pirilla queixouse de que "o coche anda pouco" e eu enchinme coma unha burra.
Jorge do Reguengo.