OPEL LIBRA
(con máis marchas que
prazas)
Xa está rodando polas estradas da Galiza a última "bestia" saída das instalacións da Sta. Pelonia.
Trátase dun Opel Calibra Turbo
4x4 modificado e mellorado polo aprendiz de preparador Oscar "perito
piloto" López Salgado, coñecido no mundillo do automovilismo deportivo
por "PARTICIPAR" nos railis do Campionato Galego coa súa CARRITA WRC.
(Quen de verdade "CORRE" é seu irmao Pipo "zapato veloz" López
Salgado. Non só corre, senón que ademáis é un dos pilotos máis elegantes de
todo o Campionato, e senon ver o artícolo "A elegancia chega ós railis"
do noso númaro anterior).
Ante a curiosidade dos membros de Pistón Bermello por tan exótico "aparato" no mundo do tuning, fixémoslle un pequeno interrogatorio ó seu dono.
Según nos contou Oscar, facía xa tempo que andaba en busca dun Opel (ingenieríaalemanaatualcance) dese tipo, pero non atopaba ningún.
Un bo día, buscando un encendido electrónico para a CARRITA WRC nun desguace de Vigo, viu un Opel Calibra Turbo 4X4 atornillado a UNHAS LLANTAS DE 17”!!! alí, morto de risa, nunha esquina do desguace. Compróullelo por catro pesos e levouno para a Sta. Pelonia.
O coche, nun principio foi comprado coa idea de ser o muleto da CARRITA WRC pero, tras varias semanas facendo tests en diferentes tipos de asfalto, Oscar empezou a intuir que o comportamento do Calibra non era "exactamente igual" ó do seu diabólico Seat Marbella: moito máis "saltariqueiro", espetacular e divertido.
Fracasado o seu proxecto de Calibra-muleto, Oscar non se amedrentou e confesounos o seguinte:
"En ningún momento pensei en poñer tuning o coche pero, mentras o ía desmontando para pinta-lo (tarea na que éste que suscribe se entretivo toda unha tarde) pensei que non me costaría ningún traballo facerlle certas melloras estéticas".
Como ben nos dixo él:
"Xa estaba farto de ver preparacións tuning en torbellos como os Peugeot 106 e 206, os Citroën Saxo e Xsara, os Renault Twingo, os Fiat Punto, etc... Eu quería algo E-X-C-L-U-S-I-V-O. De gastar os cartos, prefería invertí-los nun coche que chame a atención e que ande como ten que andar, e non preparar unha cafetera diésel para que luzca moito de parado pero que, a hora de "pisarlle", SÓ FAGA FUME !!!".
Exteriormente o coche viña bastante ben equipado para o seu novo fin pois, xa traía as "discretas" llantas de 17"; escape de aceiro inoxidable con saídas DTM Sebring; defensas, taloneras e alerón Zender, etc...
As únicas pegas que lle puxo
exteriormente ó coche foron referidas ós espellos, que según él son pouco
"rechamandeiros", e no referente o tema dos freos pois según palabras
do propio Oscar: "Lástima que este coche xa traia discos de freo nas catro
rodas pois, de non ser así gustaríame poñerlle uns imitadores de disco moi
chulos que saíron fai nada. Eses sí que ían chamar a atención e non os
discos que trae de serie. De todas formas, do que non se vai librar é dunhas
imitacións de tuerca central con pasador en cada unha das rodas; e quen
sabe se non lle poño tamén uns espellos tipo obús dos que se levan agora".
Visto o visto, exteriormente pouco máis tería que rascarlle. Quizáis, postos a pedir,unha pegatina na tapa do depósito imitando os tapóns de competición, unhas máscaras para os pilotos traseiros e, por qué non, unha bigotera central baixo o parachoques dianteiro.
Para o interior non lle faltaron propostas do máis variopintas: desde un volante Fórmuling (tipo "carro desfaçao"), pasando por un panel de relós imitación fibra de carbono,ata un xogo de alfombras metálicas (ésta última proposta, aportada por Jorge do Regüengo e meu primo Adrián, grandes partidarios deste tipo de accesorios).
Iso sí, por estrafalarias que foron as propostas aportadas, non se acercaron nin o máis mínimo a “excéntrica ocurrencia” de Oscar pois, non se lle ocurriu mellor cousa que poñerlle ó volante un monolito plateado a modo de piña perforada.
Os calificativos de: fea, horrenda, aterradora, malencarada, pavorosa, terrorífica, arrepiante, feculenta, estremecedora, extravagante, ... non chegarían a nada para explicar como é, en realidade, ese cachiño de aluminio... Eu diría que se trata, máis ben, dun “adefesio manía tuning” que se lle chanta ó coche cando xa non se sabe que máis poñerlle para que a xente se fixe nel.
No que respecta ó sonido, aínda non o ten moi claro pois, debido a escasa capacidade do seu maletero, non lle colle todo o que lle gustaría poñerlle:
(Para meterlle todo eso, tería que anular as prazas traseiras do Calibra, tal e como fixo Sergio Valexo no seu).
Durante varias semanas estivo
traballando no coche para poder dispoñer do Calibra canto antes (máis ben para
poder luci-lo canto antes).
Como saída máis inmediata ten programado acudir á II Concentración Tuning na cidade de "LA CORUÑA" que se celebrará no mes de Agosto. Acompañarao nesta andaina Manuel Muiña os mandos do seu Opel Astra Speed Top Tuning, tamén preparado nas instalacións da Sta. Pelonia.
Se queredes ver as espetaculares transformacións que realizaron nestes dous coches xa sabedes, acudide ó parque da Concentración Tuning da Coruña no mes de Agosto. A Oscar recoñecerede-lo enseguida (é o das gafas de sol que pon cara de chulo e música de Camela a todo volúmen nada máis subirse ó coche).
¡¡¡ÚLTIMA HORA!!!: A piques de rematar o presente artícolo, chegaron rumores á redacción de Pistón Bermello que afirman que Oscar, aínda ben non acabou de preparar o Calibra, XA ESTÁ PENSANDO EN VENDE-LO!!!.
Según Oscar: “Éste é un dos sacrificios que temos que facer os que nos queremos adicar a esto do Tuning. Preparamos un coche con toda a paixón do mundo e, tan pronto como está rematado, vendémo-lo rápidamente para empezar de novo a preparar outra tunada”.
Pero, !!!OLLO, compradores potenciales!!!, non vos deixedes enganar pola matrícula do coche pois, a pesares de que pon LU-X, trátase dun coche “gabacho” REMATRICULADO (é do ano 94 e ten máis de 120.000 Km.).
Eso sí, aínda que vos poidades sentir estafados a hora de pagar o precio esixido, pensade que se trata dun “futuro clásico” que irá collendo solera co paso dos anos.
Un pelonio chifrador (carlos)
P.D.: Bueno, ben pensado, éste en particular pouca solera poderá coller pois non leva unha soa peza que lle corresponda de orixe.