¡SERGIO VALLEJO PÁSASE Ó TUNING!
O coñecido
piloto de Meira, Sergio Vallejo vai cambiar de especialidade automobilística a
vindeira tempada. Para quen non o coñeza diremos que foi un piloto que estaba
na élite dos “railis” de España. En entrevista concedida ós integrantes de PISTÓN BERMELLO (por certo agredecerlle que se
molestara en buscarnos) di que “estaba un pouco decepcionado cos railis. É unha
pena que non nacera 20 ou 25 anos antes, na época gloriosa do automobilsmo
deportivo”. Díxonos que “a min houberame gustado ser piloto do equipo JUNCOSA,
e correr con 124 ou Minis”. Engadiu tamén que “con algo de sorte, igual chegaba
a ter un Gr B, e o que é máis jodido, encima de ter que correr nos
tempos de agora: non poder disfrutar dun Kit-car oficial (recordemos que tan só
foi oficial no 95 cun 106 Gr A). Por iso, decidín cambiar de aires”. Temos que
recoñecer que ó chegar a este punto da entrevista, nós esperabamos que nos dixera
que ía cambiar o Saxo por un 106 oficial ou un Ibiza; e cal non foi a nosa
sorpresa cando dí que “descubrín o tuning por casualidade. Resulta que estaba
eu un día na tienda; e eso xa é raro, porque normalmente nunca estou e chégame
un Mc Coy pedíndome un alerón MAXI TUNING. Eu
non tiña nin idea do que era eso, e por non quedar mal preguntándolle o
que era, díxenlle simplemente que non o tiña. O caso é que dalí a uns días, fun
comprar a Interviu e vin no Kiosko a
Maxi
Tuning esa. Comprei as 2 revistas
e, por que non dicilo, o que vin alí
impresionoume case como a Interviu. Despois de ler a Maxi Tuning, tiñao claro:
ese ía ser o meu futuro. Esa misma semana xa vendín o Saxo Kit-car e, co que me
deron por el, comprei un Calibra de 2ª man. Aínda non empecei a preparalo, aínda
que xa lle teño algún detalle, como a pegatina no tapón da gasolina”.
Afirmounos que “este 1º ano vou saír a aprender. Irei a concentracións pequenas,
coma a de Coruña ou Villabona (Guipuzkoa), pero o ano que ven vou ir a por
todas”. Dixo que “teño pensado, ademáis do tuning exterior e interior, anular
as plazas traseiras e o maletero para poñer sonido. O ano que ven, vou tentar
levarme todas as categorías do TOP 20 do GTI MAG de Bélxica” (N. da R: Por se
non o sabedes, o GTI MAG é a concentración tuning máis grandes de Europa).
En fin,
esta é a entrevista. Dende PISTÓN BERMELLO
opinamos que todo esto que armou no está mal, aínda que sería moito máis
interesante que se pasara ó mundo dos clásicos, dos autenticos caldeiros. Pero
bueno, tampouco e cuestión de pedirlle peras ó olmos. De todas formas, que lle
vaia ben.
VALLEJO
RADIKAL TUNING
DALLE,
DALLE!!
A
Redacción de Pistón Bermello