DE TRAMPA A TRAMPA

Sólo Modesto tropeza dúas veces na mesma pedra

 

O coñecido desguazador ubicado na chousa de Goios acáballe de facer un favor Juanx do Violo (colaborador de Pistón Bermello) pero non precisamente sexual.

O favor consistiu en adquirirlle a coñecida Trampa Rallye; resulta que o tipo tiña outra tampa (Fiat Uno Turbo i.e.) o cal amañou de terlle o chasis roto. Por esta curiosa razón non lle pasou a ITV, e empregou as súas exercitadas neuronas en buscar un coche caldeiro nos arredores.

Chegou ós seus oídos que o pai de Juanx quería desfacerse da Trampa, ainda que el non sabía onde se estaba metendo... (todo por non ler o Nº1 de Pistón Bermello).

O atraco perpetrouse en menos dunha semana.

O famoso bebedor de birras Raúl (o único capaz de dicirche canto bebeu na noite e canto lle levou) preguntoulle o mesmo fin de semana da adquisición que qué tal andaba, ó que lle respondeu que “andaba menos do que debería”.

Tamén chegou á redacción de Pistón Bermello por parte dos nosos enviados especiales (Sá primo e Carreirachá) rumores de que probou o coche con reputados co-pilotos locales e dixo que o coche non andaba nada.

Ante esta situación Modesto buscou un plan de choque: ocurriuselle poñerlle un escape para que, ainda que non andase, que fixese ben ruido (solución que aprobamos dende a redacción do fanzine), pero a mellor solución aínda estaba por chegar: ir facer un test con O.B. (O Bolaño) ó polígono.

Para quen non o sepa, este é o “mellor” piloto da rodeada (despois dos redactores de Pistón Bermello, claro!!!).

En ditos tests constatouse que o coche de O.B. , un Golf GTI de 2ª xeración, saía máis alegre das curvas e podía trompear, cousa moi dificil coa trampa de ABS.

En fin, o mellor que mercou Modesto foi o equipo de música e a pegatina de GZ que levaba o coche. En próximos númaros iremos aportando datos deste filón inesgotable de diversión, así como da nova trampa que vai traer Juanx do Violo.

 

A Redacción de Pistón Bermello

Hosted by www.Geocities.ws

1