Saúdos en vacío
Todo comezou como comezan moitas cousas, cunha boa siesta e unha idea. Creo que así comezou esta páxina e máis concretamente este artigo.
Son
as 16:00 e estou durmindo na cama das siestas, cando un ruido infernal (capaz
de facer que o xabaril non volva ás patacas xamáis) despértame. Tírome da cama
e vexo un par de Saxo VTS azuis. Detrás deses semi-deportivos atópase un coche
que vale por dous. A máquina da que falo é un Barreiros 3700 GT (¡¡apartarse!!)
que se atopa avisando ós correpasillos azuis con saúdos en vacío (aceleróns en
vacío) somentes capaces de sair dos motores de carburación, de que o osmáforo
está en verde.
Despois
dese día decidín que o meu primeiro coche sería un clásico, pero na miña casa
dicían: “consumen moito, dan moitos problemas (esa mentira non é verdade), no
ano 2000 quitan a gasolina super... e tumba e dalle e que sei eu!!!” ¡¡Que raiantes!!
Entón
decidín buscar un coche clásico que non fose gasolina.
Despois
de moito buscar atopei un coche propulsado por enerxía nuclear (non estariades
a pensar que ía mercar un diesel?)
Os
ianquis, que son listos coma un ave que se chama corzo, crían nos anos 50 que
por fin atoparan a forza motriz eterna. Con ela o automóbil xamáis tería que
repostar. Non creades que tan só fixeron maquetas e debuxos, marcas coma Ford
comunicaron oficialmente que estaban desenrolando coches deste tipo.
Estes
coches tiñan seguridade activa, pasiva... a seguridade de que ti sempre tiñas
preferencia, a seguridade de que se chapeabas había un escape radiactivo, a
seguridade de que os coches que aparcaran ó teu lado non o ían facer ó toque, a
seguridade de que non contaminarías con monoxido de carbono, a seguridade de
que ninguén te ia asegurar....
P.D.:Vai
para os GTI, GSI, Tdi...
A TODO HAI QUEN GAÑE!!!!
Frenando de Morapio